Taboleiro
VOTACIÓN XORNADA CONTÍNUA CURSO 2021/22
ACTIVIDADES IGUALDADE NOVEMBRO 2020
Programa para a mocidade Iniciativa Xove
Programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.
Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.
As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través dos proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades.
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, teléfono 981 544 866, enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.es
- APIs de Blogue
Convocatoria de axudas para formación en linguas estranxeiras
Nesta ligazón figura toda a información sobre a convocatoria axudas destinadas ao alumnado para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015.