Actividades
I CONCURSO DE CARTAS DE AMOR E DE AMIZADE
O EDLG convoca este ano o I Concurso de Cartas de Amor e de Amizade, para conmemorar o Día da Candeloria ou, segundo a tradición popular, o día no que casan os paxariños.
Pode participar todo o alumnado do centro, ademais do profesorado e persoal non docente, e valoraranse aquelas cartas que sexan orixinais, divertidas, emocionantes e nunca vistas!
Animádevos a participar, porque, ademais dos premios, é posible que recibades unha carta do voso admirador ou admiradora, amigo ou amiga, namorado ou namorada...
Xa está o alumnado decorando o cartel:
Estas son as cartas que enviastes nestas dúas semanas que había de prazo. A morea máis grande corresponde ao alumnado de Secundaria, pero as demais tamén quedaron bastante cumpridas.
Estade atentos/as porque nos próximos días serán entregadas aos destinatarios/as!
Hoxe, 1 de febreiro, véspera da Candeloria, entregamos as cartas de amor e amizade do alumnado de Secundaria. Moitas grazas a todos e todas os que escribistes as cartas demostrando a vosa especial estima a eses compañeiros e compañeiras cos que compartides tantas vivencias no centro.
Por fin chegou o día de entregar os premios! Coincidindo coa colebración do Entroido, o 9 de febreiro, soubéronse os gañadores e gañadoras.
Na categoría de Infantil, toda a clase foi premiada e recibiu un diploma e un agasallo. Na categoría de Primaria e Secundaria, as gañadoras foron dúas alumnas e recibiron cadanseu diploma e cadanseu vale para gastar en libros e/ou material escolar na libraría; e na cateoría de Profesorado e persoal non docente, a gañadora foi a nosa compañeira Fe. Moitos parabéns a todas!
CELEBRACIÓN DO 8 MARZO – DIA DA MULLER
Debido as restriccións pola COVID, as Actividades que se organizaron para esta celebración foron as seguintes:
1- EXPOSICIÓN MULLERES DE ROIS
O concello ofreceunos a exposición “Aloitadoras”. Fíxose unha selección de 10 mulleres, cos seguinte criterios:
1º- que foran da contorna do Colexio. 2º-que foran alumnas ou ex-alumnas. 3º-que representaran diferentes xeracións de mulleres.
A exposición permanecerá montada no distribuidor do Edificio de Administración ata final do 2º trimestre, para que toda a comunidade educativa a poda visitar.
O Concello ofreceunos a maiores uns contos para o alumnado de Infantil e 1º ciclo Primaria relacionados coa exposición.
A Fotógrafa autora das imaxes tamén ofreceu a súa colaboración, e vai dar un taier fotográfico aos mais maiores.
A exposición completa pódese ver no enlace:
https://webrois2019.github.io/coneceterrasdeiria/Rois/mulleres/mulleres_de_rois.html#
2- EXPOSICIÓN SOBRE IGUALDADE
A Federación das ANPAS enviounos o resultado do concurso que organizaron o ano pasado coa temática de Igualdade. Está montado no recibidor do edificio de Administración.
3- UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE CLARA CAMPOAMOR
Unha compeñaira do centro deseñou unha Unidade Didáctica para traballar a esta figura tan importante, xa que grazas a ela as mulleres conseguiron ver recoñecido o seu dereito ao voto por primeira vez na historia de España.
Para traballar esta figura aportouse tamén unha película sobre a sua vida e un programa dos Lunnis para os mais cativos.
4- PELÍCULAS
Ademais da película de Clara Campoamor, ofreceuse para os mais maiores a película: “Rompiendo las normas”, que conta, en forma de comedia, o boicot feminista ao concurso de Miss Mundo que tivo lugar en Londres no 1970. Con esa escusa, a película presenta moitas das discriminacións que sufrían e seguemos a sufrir as mulleres no mundo.
5- MONTAXE CO CADRO DE MARUJA MALLO
Nalgunha aulas estiveron traballando o agradecemento as mulleres mais importantes na vida dos cativos, utilizando como fondo o cadro de Maruja Mallo “ A sorpresa do trigo”. Os resultados destes traballos expuséronse no corcho do Edificio de Administración.
Ainda que non se realizou unha actividade conxunta entre todo o profesorado e alumnado do centro, a variedade das propostas permitiu que cada quen conmemorase esa data coma considerase mais adecuado.
25-N - DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2020
No CPPI dos Dices celebramos o día contra a violencia de xénero, deste ano 2020, homenaxeando a todas as mulleres que foron asasinadas dende o Ano 2010 en España: Cada alumno e alumna do colexio recortou un corazón e escribiu nel un nome desas mais de 1000 mulleres. Despois pegámolos todos nun mural. Tamén escribimos os nosos desexos e pensamentos sobre este terrible problema da nosa sociedade. O video foi pensado e editado por unha alumna do Contrato Programa do Departamento de Debuxo.
Podedes ver o video no enlace: