Novas

RESULTADO 1º CONCURSO VIRTUAL DE DISFRACES

O xurado reuniuse a deliberar o pasado venres 25 de febreiro. As votacións foron moi complicadas, pois era dificil elexir gañadores na categoría de individual temática a auga, xa que había moita calidade e orixinalidade, tanto en alumnado de infantil coma de primaria.

Ao final, o xurado acordou que non podía determinar qué disfraz era mellor que os demais, e polo tanto, decidíu valorar e premiar o enorme esforzo que todas as familias fixeron para crear os seus disfraces co que tiñan nas casas. Con este veredicto, todas e todos os participantes neste concurso levarán un premio, acorde coas edades dos participantes. Os premios entregaránse ao final do trimestre.

Moitas grazas a todas e todos por participar!

 

VOTACIÓN 1º CONCURSO VIRTUAL DE CABAZAS:

Xa temos o resultado do 1º concurso virtual de cabazas!!!

Antes de nada, dar as grazas a todas as familias participantes, pola gran calidade das cabazas presentadas: vese moito traballo e moita orixinalidade!.

O equipo organizador do concurso estableceu tres categorías: Maquetas, Talladas e Orixinais, e decidiu dar un premio por cada categoría.

Foi moi dificil votar, pois habías moitas cabazas que chamaban a atención e que considerábamos merecedoras de premio, cada unha por un motivo diferente. De feito, nas votacións do profesorado, houbo ata 18 cabazas seleccionadas, a maioría con mais dun voto.

Finalmente, as que obtiveron mais votos nas diferentes categorías foron as dos seguintes alumnos e alumnas:

  • Categoría “Maquetas”: Izan C.V. 2º Educación Primaria.

  • Categoría “Talladas”: Empate entre Izán M. 2º Primaria e Diana 5º Primaria, polo que nesta categoría decídese premiar aos dous finalistas.

  • Categoría “Orixinais”: Idaira e Hugo V. - Infantil e 4º Primaria

Os premios daranse xuntamente cos premios do concurso de relatos de medo, que aínda está en período de participación.

Noraboa aos gañadores e gañadoras!

 

VINDEIRAS CELEBRACIÓNS

As efemérides que quedan por celebrar neste trimeste, de xeito conxunto, son as seguintes:

1- 25 N - Día Contra a Violencia de Xénero: 

Todo o alumnado virá ao colexio vestido de negro. Durante os días previos, farán nas aulas un corazon violeta co nome dunha muller víctima da violencia.

2- Nadal:

O alumnado deseñará unha tarxeta de Nadal nas súas aulas, e con esas tarxetas farase unha montaxe no Colexio.

 

ACTIVIDADE PARA O SAMAIN

Para conmemorar o Samain dalgún xeito, invitamos ao alumnado de Infantil e Primaria que veña disfrazado ao Colexio o venres 30 de Outubro de 2020.

Para cumplir coas recomendacións COVID, soamente poderán vir cunha roupa diferente.

Non se poden traer nen perrucas, nen luvas, nen gorros, nen paus, nen bolsos, nen calquera outro elemento ou complemento do disfraz.

Tampouco poderán vir maquillados.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer