Programa para a mocidade Iniciativa Xove

Programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.

Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.

As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre  a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través dos proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades.

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, teléfono 981 544 866, enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.es

http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer