Taboleiro

O CPI DOS DICES PARTICIPA NUNHA VIDEOCONFERENCIA CON FÍSICOS DO CERN DE XENEBRA

O alumnado de 2º ciclo da ESO tivo ocasión de asistir á videoconferencia "Do CERN a Compostela coa física de partículas". Nela participaron varias científicas e científicos galegos que traballan en diversos proxectos no CERN -dende Xenebra- e outros dende Santiago e diversos puntos de Galicia. Con eles celebramos a xornada pola ciencia en galego e soubemos algo máis da física de partículas mercé a intervencións interesantísimas. Ademais, era a primeira vez que se realizaba unha actividade destas características con tantos intervinientes e alumnado participante. Parabéns a todos e todas!

Samaín 2010

Espectacular éxito do concurso deste ano! Xosé Citoula, o coordinador do Samaín, tivo máis traballo ca nunca. Felicidades a todos e todas polo traballo deste ano.

Benvidos ao novo curso 2010/2011

O curso escolar comeza 0 10 de setembro par educación infantil e primaria e o 17 de setembro para educación secundaria. Podes consultar o calendario escolar do DOG aquí.

Axudas para inmersión lingüística no verán

No Diario Oficial de Galicia do 11 de febreiro publícase a orde que regula a concesión de axudas para inmersión lingüística. Podes acceder a ela desde aquí

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer