ACTIVIDADES IGUALDADE NOVEMBRO 2020

05/11/2020 10:15
Europe/Paris
Desde a Anpa, e con cargo a unha subvención da Deputación da Coruña, programamos varias actividades que teñen no foco a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.
-6 novembro, ás 11.50h. Retransmisión por streaming da obra "Insumisión", de Rosa Molero, representada por Teatro del Andamio. Dirixida a todo o alumnado da ESO (118 alumnos) pero distribuiremos o enlace para que tamén poidan acceder as familias se o desexan. Ao rematar os nenos e nenas poderán facer preguntas aos actores. O enlace para seguir a retransmisión é este: https://youtu.be/toDOH7P0Ogk
-12 novembro, 11h. Obradoiro sobre Uso axeitado de internet e redes sociais, micromachismos, macroviolencias, novas masculinidades e prevención da violencia de Xénero. Dirixido a 3º da ESO (27 nenos)
-17 novembro, 20h. Escola de pais e nais. Charla sobre a prevención da violencia de xénero nos centros educativos. Dirixida ás 230 familias dos 310 alumnos matriculados no CPPI dos Dices. Será por streaming a través da plataforma Zoom e facilitaremos o enlace aos interesados/as.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer