[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43

Curso 2011-12

NOVO CURSO

OLA A TODO O MUNDO. AQUÍ ESTAMOS OUTRA VEZ COMEZANDO UN CURSO NOVO. ESTES SOMOS NÓS. A QUE ESTAMOS GUAI!!

MANUEL BERMÚDEZ CAO, MARTA BERMÚDEZ CAO, ALIA LARANGA ROMERO, ANA LARANGA ROMERO E MARTÍN SOMOZA TOMÉ SOMOS OS DE 4º DE INFANTIL. TEMOS TRES ANOS.

HORARIO INFANTIL B

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
10,00-10,55 Titoría Titoría Titoría Titoría Titoría
10,55-11,50 Titoría Titoría Titoría Inglés Titoría
LECER
12,20-12,45 Lectura Lectura Lectura Lectura Lectura
12,45-13,40 Relixión Titoría
Titoría Titoría
Titoría
XANTAR
15,20-16,10 Titoría Inglés Educ. Física Titoría
16,10-17,00 Titoría Titoría Música Titoría

 

DÍA DO LIBRO

Os rapaces de 5º de primaria traballaron arreo para darlle vida aos libros que previamente leran. Esta semana, nos nosos corredores podemos observar estas fermosuras. Noraboa a alumnos e profesora polo traballo realizado.


 

RETALLOS DE AMOR

 

Esta semana xogamos co amor e coas palabras e, da mestura das dúas cousas, saíron estes pequenos retrincos galegos e amorosos. Esperamos que vos agraden.

ENTROIDO 2012

Parece que volvemos onte do nadal e xa estamos no Entroido. Este curso, o Claustro decidiu non celebrar o festival como  protesta ante as medidas adoptadas pola Consellería de Educación. Sabemos que os pais nos entenden e nos apoian nas nosas reivindicacións en defensa dun ensino público de calidade para os seus fillos.

Conmemoramos o Día da Paz

No CPI Cernadas de Castro, os máis pequenos, sempre guiados polos seus mestres e mestras achégannos os seus mellores desexos de Paz. Non escatimaron en esforzo e en imaxinación á hora de elaborar estes fermosos murais. 

DÍA DA PAZ: O AMOR FAI QUE O MUNDO FUNCIONE

Durante todo o mes de xaneiro estivemos pensando, lendo e falando sobre as cousas que temos nós e outros nenos e nenas do mundo e as cousas que outros non teñen. Vimos libros de Unicef e pensamos que non era xusto que houbera nenas e nenos que non teñen auga, nin mediciñas para curarse, nin roupa para abrigarse nin comida e que algúns tampouco teñen ninguén que os coidase, nin escola...

Obradoiro de seres fantásticos

Cando Manuel Mato Fondo nos falou dun seres chamados "fusquenllos"  que atopara nos montes da zona de Bergantiños, nós emprendemos a busca de seres fantásticos no bosque da nosa imaxinación: en Lousame tamén tiña que habelos. E atopámolos; no adxunto falámosvos dalgúns deles.

Distribuir contido