Parece que volvemos onte do nadal e xa estamos no Entroido. Este curso, o Claustro decidiu non celebrar o festival como protesta ante as medidas adoptadas pola Consellería de Educación. Sabemos que os pais nos entenden e nos apoian nas nosas reivindicacións en defensa dun ensino público de calidade para os seus fillos. Portas adentro, como actividade/contido de aula xa levamos uns días traballando, e esta semana seguiremos as indicacións do Meco (este ano Meca) para disfrazarnos cada día: Este luns que non che esqueza, Trae algo na cabeza.
Martes ven con anteollos, Que verás ata os piollos.
Dá igual pares ou impares, pero mércores pon moitos colares.
Xoves vimos elegantes, Traemos os pés rechamantes.
A participar e feliz Entroido a todos!!
|
|||