1ºB |
Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas do Sistema Solar e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de primeiro e segundo de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca sobre astronomía. Os pequenos estiveron moi atentos ás explicacións, preguntaron moitas dúbidas e disfrutaron moito da actividade. Podes ver as imaxes da exposición aquí. |
|||
|
|||
O 21 de marzo rivemos a visita dunh cadeliña, Malibú. Coa súa coidadora explicou aos nenos e nenas a imprortancia de coidar e valorar as nosas mascotas. Tamén deu un pasiño máis e fíxomos reflexionar sobre que os nosos actos pouco meditados teñen as súas consecuencias. |
|||
Coa regra da mesa vimos que dándolle un golpe cae só. Pero se lle poñemos un folio encima non cae aínda así dándolle o mesmo golpe. Só co peso do aire.
|
|||
Gracias a auga e o ovo vimos como o cerebro está rodeado dun líquido hidrocefálico que o protexe. E podemos comprobar que gracias a el este non rompe.
|
|||
Este curso comezamos a traballar de maneira cooperativa. A través da estructura do folio xiratorio repartimos un animal a cada neno e nena e cada un foi poñendo características sobre el, rótabano en sentido das agullas do reloxo e en pequeno grupo facían unha descripción de cada animal. Logo completábase en gran grupo |
|||
Nas matemáticas manipulativas os nenos traballaron cas simetrías.
|
|||
Dende as ciencias sociais traballamos as normas de circulación viaria dende a realidade de peóns e conductores. Aprendemos as sinais de tráfico, partes de unha rúa, en definitiva normas de circulación que compartimos e puxemos en práctica en divertipark xunto cos nosos compañeiros de 1ºA
|
|||