O pasado vernes 15 de novembro o alumnado de 2º e 3º ESO realizaron unha saída a Santiago co obxectivo de facer unha visita guiada á exposición "Unha vida viquinga" que actualmente está aberta ao público na Cidade da Cultura. O grupo de 3ºESO tamén visitou o Mercado de Abastos onde tiveron ocasión de achegarse á realidade dos productores e vendedores locais co obxectivo de promover o consumo local e responsable.
|
|||