1º ESO |
O 18 de febreiro estivemos de novo no patio para lembrar un par de xogos tradicionais: A pídola, que consiste en saltar sobre un compañeiro/a e a Silliña da Raíña, na que dúas persoas pasean a outra ó ritmo dunha cancionciña ata que a canción remata e a deixan caer... suavemente!! Aquí tedes as fotos para ver o ben que o pasamos: Saute mouton ou Pídola La Chaise ou Silliña da Raíña
|
|||
Este martes 11 de febreiro o xogo que tocaba foi xogar aos Aros. Fixemos dous xogos: o primeiro consistía en facer unha roda e pasar por medio do aro cada un dos membros da roda. O segundo consistía en un xogo parecido ás sillas musicais. Mentres cantabamos unha canción dun lobo camiñabamos arredor dos aros e cando o lobo saía da cova a pillar había que refuxiarse nun aro. O/A que quedaba sen aro era eliminado/a. |
|||
O martes 4 de febreiro adicamos o recreo a divesos xogos de canicas como O Juá, O Ollo e A Quita. O Juá consiste en meter a canica nun burato. O Ollo en sacar as canicas das dúas esquinas dun ollo pintado no chan. A Quita trátase de sacar unha canica do sitio.
|
|||
O martes 28 de febreiro continuamos co noso proxecto; neste caso o xogo elixido foi Colin-Maillard ou Pita Cega. Este é un xogo popular xa ben coñecido por todo o alumnado, consiste en tapar os ollos dunha persoa que ocupa o centro da roda e os demáis xiran ó seu arredor. Cando a pita cega manda parar diríxese a un dos participantes da roda tentando adiviñar quen é apalpándolle a cara e cabelo. |
|||
O martes 21 de febreiro deu comezo a dinamización dos recreos de primaria. Hugo Alvar de 4º de ESO presentou o proxecto e encargouse da realización das fotos e da amplificación. O noso primeiro xogo foi o Cheval Bayard ou Cabalo Baio, que consiste en facer avanzar unhas basoiras entre as pernas de diferentes maneiras e ver cál dos grupos é o máis rápido. |
|||
Este curso como proxecto de francés do curso de 1º de ESO traballaremos o plurilingüismo e a mellora da convivencia no centro por medio do proxecto ON JOUE? (Xogamos?), No primeiro trimestre traballamos a partires do capítulo adicado ós xogos populares de mediados do século XVI que aparecen listados no Gargantúa e Pantagruel de Rabelais, e que tamén foron retratados no cadro de Brueghel Xogos de Nenos. Formáronse grupos de alumnado que escolleron algún dos xogos citados e buscaron información de cómo se xoga e elaboraron unha ficha para cada xogo co nome en francés, galego e as regras do xogo. Despóis puxémonos en contacto co grupo de 4º de ESO de Valores Éticos que está traballando na dinamización e conviencia nos recreos e coordinámonos para realizar un xogo cada martes para o alumnado de primaria. Hugo Alvar será o noso dinamizador.
|
|||
1.- Lectura de obras de teatro. 2.- Explicación de nocións básicas de teatro. 3.- Elaboración dos textos por grupos. 4.- Ensaios e posta en escena. Podedes ler as obras escritas polas cinco compañías de teatro de 1º ESO no arquivo adxunto Algunhas imaxes:
|
|||
Eventos
Código QR desta páxina |