Curso 2011-12 |
Chegou o nadal! E para celebralo os nenos de segundo, ó igual que facemos nas nosas casas, tamén decoramos a nosa aula e o pasillo. Estamos facendo manualidades de estrelas, renos, Papá Noel... Velaí un exemplo do que facemos. .
|
|||
Aquí podedes ver o que nos enviaron as nenas e nenos do grupo A de educación infantil do colexio Agro do Muíño de Ames, cos que mantemos correspondencia. |
|||
Durante os meses de outubro e novembro os nenos e nenas de 2º A e 2º B estivemos traballando sobre o outono. Falamos das árbores as que se lles caen as follas, dos froitos desta época do ano, dos animais, das festas típicas ... Velaí tendes algúns exemplos das cousas que fixemos. |
|||
Na clase lemos Elmer, de David Mckee e nunha parte, o conto fala de que o elefante non pode durmir porque non para de pensar e descubrimos que a nós tamén nos pasa algunhas veces eso de non poder durmir, e ocorréusenos imaxinar por que sería. |
|||
QUE DIVERTIDO É FACER DEPORTE! Que ledicia! O primeiro día da escola despois das longas vacacións de verán, os nenos-as de 4ºB de primaria tiñan moitos desexos de verse e contarse as suas aventuras, trasnadas e viaxes. A maior parte das historias falaban da praia e do ben que o pasaran nadando, xogando na area......ata que a profesora mirou para PABLO OLIVER, éste , de forma lixeiramente tímida e sen querer destacar os seus éxitos, contoulles: |
|||
A porta da nosa clase quedou así de chula cando puxemos a árbore que fixemos entre todos con papel branco, pintura, pinceis e rolos e periódicos vellos. |
|||
XOVES 1: Materias do curso actual 09,00 a 10,00: Matemáticas VENRES 2: Materias do curso actual 09,00 a 10,00: Ciencias sociais, Ámbito sociolingüístico de 3ºPDC Os alumnos que teñen suspensa a Educación Física entregar´n os traballos e farán as probas o venres 2, e será o profesor o que os vaia chamando para facelas ao longo da mañá. LUNS 5: Materias pendentes de cursos anteriores 09,00 a 10,00: Matemáticas, Francés AVISO: Cando rematen os seus exames, os alumnos/as que queiran regresar ao seu domicilio poderán facelo, sempre que os veñan a recoller os seus pais ou titores. |
|||