[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43

DÍA DA PAZ: O AMOR FAI QUE O MUNDO FUNCIONE

Durante todo o mes de xaneiro estivemos pensando, lendo e falando sobre as cousas que temos nós e outros nenos e nenas do mundo e as cousas que outros non teñen. Vimos libros de Unicef e pensamos que non era xusto que houbera nenas e nenos que non teñen auga, nin mediciñas para curarse, nin roupa para abrigarse nin comida e que algúns tampouco teñen ninguén que os coidase, nin escola...

Tamén falamos de como se podería solucionar esa situación e pareceunos moi difícil  facer algo que non fora recoñecer a sorte que temos por vivir como vivimos e para que todo o mundo o soubera fixemos un mural enorne no que puxemos o que cremos que todas as nenas e nenos do mundo deberían ter.

Tamén atopamos unha frase que nos gustou moito porque pensamos que é verdade. Na foto podédela ver:

O AMOR FAI QUE O MUNDO FUNCIONE