[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43

AS MINAS DE SAN FINS

 

Rematamos o curso cun acto que tivo lugar no noso centro o xoves 20 de xuño e que contou coa presenza do alumnado de 3º e 4º ESO que estiveron acompañados por algúns familiares, membros da corporación local ademais da presenza de Ana Estévez, responsable do festival MICE-Escola do Museo do Pobo Galego. 
O noso alumnado presentou os seus traballos que realizaron baixo a proposta e supervisión do departamento de Xeografía e Historia coa axuda da dirección do centro. 
Os alumnos e alumnas de 3º ESO explicaron o proceso de elaboración da reportaxe que fixeron sobre as minas de San Finx mentres que o alumnado de 4º fixo o propio sobre a peza audiovisual que exploraba a súa relación coas minas a través  memoria dos seus avós e avoas. 
O acto pechouse cunha rolda de intervencións nas que se comentaron posibles ideas de traballo para o próximo curso. 
Grazas ao Museo do Pobo e ao Concello de Lousame pola súa implicación neste proxecto que pretendía implicar ao alumnado no estudo do patrimonio local.

 

Premendo na imaxe pódese ver o vídeo elaborado polo alumnado de 4º ESO