ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2014/15 DENDE O 1 DE MARZO ATA O 20 DE MARZO DE 2014.
O IMPRESO DE SOLICITUDE RECOLLERASE NA ADMINISTRACIÓN DESTE CENTRO.
Documentación a presentar:
- Impreso de solicitude cuberto
- Fotocopia dos DNI e das follas do Libro de Familia onde figuran os pais e o/a neno/a
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Dúas fotos
- Elección de área alternativa (Relixión ou atención educativa)
A normativa que regula a admisión do alumnado é o Orde 12 de marzo de 2013 (DOG 15-3-13)
Servizos Complementarios que ofrece o centro:
- Comedor (DECRETO 132/2013 do 1 de agosto de 2013, DOG 13 de agosto)
- Trasporte escolar.
1º Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no
que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos
dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude
de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad‑
misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de
presentación de solicitudes de admisión.