Skip to Content

Como facemos os Polos

Páxina onde explicamos como levamos a cabo o proxecto de Polos Creativos

Facemos adiviñas

O alumnado de infantil está elaborando o seu propio podcast. A temática son as adiviñas. Recordade que están colgadas no podcast de Pistacho e podedes tentar resolvelas.

Radio en 4º de primaria

Dentro do proxecto de Polos Creativos en 4º de Primaria imos participar na revista do centro falando dos temas que máis nos interesan. Ademáis, temos pensado colaborar con 2º de primaria para facer unhas entrevistas.

Elaboración dun podcast en Educación Dixital

Este ano na materia de Educación Dixital de 3º ESO e como parte do proxecto de Polos Creativos estamos empleando a mesa de son. Logo dunha formación sobre o uso técnico e didáctico da mesa animámonos a traballar na aula con ela. O alumnado ten que facer todo o proceso:

  • Crear a escaleta. Xa que estamos en Educación dixital temos o apoio dunha IA de texto.
  • Crear o logo. 
  • Manexar a mesa de son e facer a gravación
  • Editar o ficheiro gravado nun programa de edición de audio para corrixir imperfecións.
  • Subilo a unha plataforma de podcast.

Empezamos coa mesa de son

O alumnado de 3º de primaria comezou a gravación dos seu primeiro programa de radio. En pouco tempo se lle unirán máis clases. 

O podcast titúlase "Cociñando con 3º". Trátase de receitas saúdables e sinxelas para poder facer en familia. 

 

Explorando o pasado do Val do Dubra

O alumnado de 3º curso realizou investigacións sobre a vida no pasado do noso concello investigando e preguntando aos seus maiores.

Fixeron enquisas, gravacións, empregaron a radio escolar e outros medios audiovisuais (cámara de vídeo, tabletas...) nos seus traballos e fixeron un mural coas fotos e recollida de datos.

Tamén se empregaron outras ferramentas como a impresora 3D, o plotter...etc para realizar diversas actividades na aula de polos creativos. Aquí tendes algúns exemplos: 

https://drive.google.com/file/d/1EdQAz_Gu9OMaMy0qfghCPrW4KyDZkKaD/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1C2BjiBw5Cn6C7uf5rFeM6JUvF2mwrzFO/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1GGpuwNCEIBo-Qtqq_vcFJU3kyzrYmRLW/view?usp=sharing

 https://drive.google.com/file/d/12IY1hfjzP9x3HRmeuIsq2KjKNqksnJXR/view?usp=sharing

 https://drive.google.com/file/d/1UEiHwJwXvHPWorkbM4jKh5-yiZuYkgMO/view?usp=sharing

 

 

 

Revista de primaria

Recollemos na revista O Picoto algunhas das actividades relacionadas coa historia e coa contorna.

  • Empezamos facendo algo de turismo polo Val do Dubra, coñecendo os recunchos máis importantes do Concello.
  • Metémonos logo a ver algúns dos castelos máis importantes de Galicia facendo unhas maquetas fantásticas.
  • Recollemos unha das tradicións festivas que ainda se poden ver neste tempo de primavera, os maios
  • Buscamos algunhas lendas asociadas ao noso arte e patrimonio.

E máis cousas que podedes ler na revista

Xogos populares

Os xogos populares lévanse practicando desde hai moitos anos sen apenas cambios. Na actualidade, é difícil velos nas novas xeracións polos cambios no ocio. Dentro do proxecto dos Polos Creativos fixemos unha pequena labor de recuperación deses xogos máis populares das xeracións pasadas. En 5º e 6º de primaria recollemos eses xogos e os revitalizamos volvendo a xogar con eles nunha xornada lúdica. 

Para profundizar na forma dos obxectos, os representamos en 3D e logo os imprimimos para ter un pequeno mostrario dos xoguetes.

Elaboración artesanal de productos. Xabón e alcohol

O departamento de Física e química co alumnado de 4º de ESO recreou a elaboración de xabrón como se facía antigamente. Esencialmente é unha reacción química (saponificación) dun axente básico (NaOH) cunha grasa das que podemos atopar en calquera casa.

O proceso é esencialmente quentar os ingradientes ata que sucede a reacción e a separación en glicerol e xabón. Añadimos algún ingrediente máis para mellorar o xabón resultante e o metimos en moldes de xeo para que tiveran formas divertidas. Cada alumno/a levou para a súa casa unha pastilla para que as familias participaran da experiencia.

Fixemos tamén o proceso de obtención de alcohol como se podía facer cun alambique. Aquí emprégase un alambique de laboratorio en vez dun de metal. No noso caso, en vez de a partir do bagaño da uva, extráese o alcohol a partir dunha bebida alcoholica por medio da destilación.

Patrimonio de Val do Dubra

Comezamos as actividades relacionadas co Patrimonio de Val do Dubra. A primeira será unha actividade para alumnado de primaria na que relacionaran algún dos monumentos máis importantes do Concello coa súa localización. Para eso, o alumnado de 4º ESO deseñou uns modelos das igrexas e outros monumentos en 3D para imprimilos e en 4º de Primaria farán a escala un puzzle coas parroquias do Val do Dubra. 

Esta é unha primeira proba de pequeno tamaño da igrexa de Santa Mariña de Paramos.

Distribuir contido


by Dr. Radut