A seguinte documentación pode ser consultada en administración ou secretaría pola comunidade educativa:
Proxecto Educativo de Centro (PEC)
Programación Xeral Anual (PXA) que inclúe entre outros:documento de organización do centro (DOC), plan anual de actividades para a potenciación do uso do galego, programa anual de actividades complementarias e extraescolares.
Hoxe publicamos a adxudicación definitva do fondo solidario de libros de texto. Poden consultala a través de internet se dispoñen de certificado dixital ou Chave365 (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/). No caso de non poder facelo de xeito telemático, as listaxes estarán dispoñibles no centro.
Publícanse as listaxes defiitivas de alumnado admitido para o próximo curso 2023-24 no noso centro. Poden consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro, ou a través da sede electrónica (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).
Infórmase que todas as solicitudes de admisión presentadas en prazo resultaron admitidas.
Xa está aberto o prazo para solicitar becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Para máis información poden consultar a páxina web do Ministerio de Educación e Formación Profesional:
Xa está aberto o prazo para solicitar becas para estudos postobrigatorios. Para máis información poden consultar a páxina web do Ministerio de Educación e Formación Profesional:
Do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos) estará aberto o prazo de admisión para o alumnado que se incorpora ao sistema educativo ou cambia de centro. A solicitude pódese cubrir na aplicación admisionalumnado e presentar en Sede electrónica, ou pódese entregar de forma presencial no centro. Nos arquivos adxuntos pódese descargar a o impreso da solicitude e a documentación a presentar.
Dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro de 2023 (ambos incluídos), está aberto o prazo para reservar praza nun centro de adscrición para o alumnado que cambia de etapa educativa. Tanto a presentación de solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/). Adxúntase o impreso de solicitude no arquivo adxunto.
Publicouse no DOGA do 14 de outubro de 2022 a concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, ampliación por valor de 25 euros. Concédesella a todas as persoas que foron beneficiarias da axuda de 50 euros. Poden pasar polo centro a recollar os vales.
Xa poden consultar a listaxe definitiva de Fondolibros a través da sede electrónica (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) se dispoñen de Chave 365 ou certificado dixital. Tamén están dispoñibles no centro.
Hoxe publicamos a adxudicación provisional do fondo solidario de libros de texto. Poden consultala a través de internet se dispoñen de certificado dixital ou Chave365 (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/). No caso de non poder facelo de xeito telemático, as listaxes estarán dispoñibles no centro.
Pódese consultar no tabolerio do noso centro ou mediante a aplicación admisionalumnado o listado definitivo do alumnado admitido no proceso de admisión para o vindeiro curso 2022/23.
Ábrese o prazo para solicitar axudas para o alumnado con necesidades espeíficas de apoio educativo. O prazo remata o 30 de setembro de 2022. Máis información no arquivo adxunto.