Skip to Content

Apoio

OS MAIOS EN BEMBIBRE

Aquí vos deixo unha mostra dos Maios! Noraboa polo voso traballo.

UNS LAND ART MOI ORIXINAIS

Os nenos/as de 4 anos amosaron con esta actividade que son uns grandes artístas! Noraboa.

 

OS NOSOS ARCIMBOLDOS!

Aquí vos deixo un collage con tódalas fotografías dos vosos Arcimboldos! quedaron todos preciosos.

Moitas grazas pola vosa participación.

 

RETO CREATIVO (4 -11 xuño)

Boas familias! esta semana traio unha nova proposta de actividade, moi sinxela e con cousiñas que temos na casa.

Esta actividade trátase de construír unha composición monocromática!é dicir, escoller unha cor que vos guste, e buscar tódolos elementos que teñades na casa desa cor. Con todos os elementos creamos unha composición e sacamos unha fotografía!

Animádesvos? agardo as vosas fotos.

Apertas.

patricia.villar@edu.xunta.es

AREA MÁXICA (28-4 de xuño)

Boas familias! para esta semana traio unha actividade moi divertida, vamos a crear area máxica!! Esta area ofrécenos un montón de posibilidades xa que non se escapa como a area normal, podemos gardala en botes herméticos e consérvase moito tempo, tamén podemos facela da cor que nos queiramos ou de moitas cores distintas.

A continuación deixo os ingredientes que precisamos para facela:

  • 1 cunca de area fina.
  • 1 1/2 de maicena.
  • 1 cucharadiña de lavalouzas
  • auga, a cantidade que precise.
  • colorante alimentario (se queremos area de cores).

PASOS:

  • Poñer nunha cunca a maicena e a area.
  • Engadir o lavalouzas e a auga e mesturar ben.
  • Engadir colorante alimentario.
  • Deixar secar durante 1 ou 2 horas, e a masa xa está lista para xogar e disfrutar.

Espero que o pasedes moi ben coa area máxica e xa me ensinaredes como vos quedou.

Un bico a tod@s!

Patricia.villar@edu.xunta.es

PINTAMOS CON XEO DE CORES ( 20-28 de maio)

 

Boas familias! esta semana propóñovos unha actividade moi refrescante, aproveitando que fai moita calor.

Vamos a facer unha obra de arte empregando xeo de cores!!! Cada un pode mostrar as suas dotes artísticas como queira!

Os pasos e os ingredientes para esta actividade son os seguintes:

  • auga
  • colorante alimentario
  • cubitera
  • pauciños de madeira (depresores).

Collemos vasos ( tantos coma cores queirades empregar) poñemos un pouco de auga e votamos o colorante alimentario( ben cargado para que o pintar se note ben). Logo enchemos os ocos da cubitera de distintas cores, poñemos os depresores en cada oco e o conxelador.

Esperamos unhas horiñas ou un día e xa temos listo todo para comezar a obra.

Xa sabedes que me encanta ver as vosas obras! Agardo por elas.

patricia.villar@edu.xunta.gal

 Unha boa idea e colocar unha cinta adhesiva para que os pauciños non se movan.

 Xa podemos comezar a obra de arte.

ACTIVIDADE INFANTIL 7 ao 14 de maio

Boas a tod@s! esta semana quérevos propoñer unha actividade relacionada co mes do ano que acabamos de comezar, MAIO.

Por isto, rétovos a facer un " MAIO", E qué é un maio? os maios e as maias ( estas agora desaparecidas) constituíron ao longo de moitos séculos unha celebración de culto á natureza e ao comezo da primavera.

Os maios lembran a unha árbore adobiada con toda clase de flores, outras semellan u cruceiro, un boneco ou outro obxecto calquera, pero tamén nenos/as ben cubertos con flores e ramallos.

Deixo uns enlaces por se vos serven de inspiración!

Agardo os vosos maios!!!

patricia.villar@edu.xunta.gal

Eiquí ven o maio

de flores cuberto,

trae a primavera,

xa morreu o inverno...

PEIXES CON MATERIAIS DE REFULLAGO PARA 5 ANOS

Boas familias! hoxe traio outra actividade do libro de lectura " Nadarín! 

Esta semana propoño facer un peixe con materiais de refugallo. Só precisamos un CD e cartolina e logo cada un/unha decora ao seu gusto.

Deixo uns enlace coa mostra.

Agardo as vosas creacións!

patricia.villar@edu.xunta.gal

LAND ART DE FORMAS XEOMÉTRICAS PARA 4 ANOS

Boas familias! hoxe traio outra actividade do libro de lectura " por 4 esquinitas de nada". 

Esta semana propoño facer unha composición coa técnica de " Land Art" é dicir con elementos da natureza (agora que podemos saír un ratiño de paseo) ou ben, con cousiñas que teñades pola casa ( lentellas, pasta, papeliños...).

Podedes escoller entre un círculo e un cadrado (como os protagonistas do conto) ou os dous!

Deixo uns enlaces con mostras.

Agardo as vosas creacións!

patricia.villar@edu.xunta.gal

DISFRAZ COCORICO PARA NENOS/AS DE 3 ANOS

Boas familas! hoxe traio unha nova actividade relacionada co noso conto " Cocorico". Que vos parece ser o noso amigo o pitiño por unhas horas?

Pois iso está feito!! só precisamos unha camiseta amarela ou ben unha bolsa, e a crear o noso disfraz!

Agardo as vosas fotos para ver que guapos/as estades!

patricia.villar@edu.xunta.gal

¿SABES ALGUNHA CANCIÓN PARA SALTAR Á COMBA?

O alumnos de infantil estamos practicando distintos xogos tradicionais no ximnasio. Un deles é o salto da comba. Se coñeces algunha canción ou retahíla podes compartila connosco, así poderemos aprendela e practicala!!

Grazas pola túa colaboración!!

SALTO DA COMBA

Outro dos xogos que estamos recuperando no cole é o do salto da comba. É moi sinxelo: só precisamos unha comba (corda), dúas persoas para que poidan darlle voltas e outra con gañas de saltar. De momento non lle puxemos cantiga ningunha, pero se alguén se anima a propoñernos algún...

OS XOGOS DE SEMPRE VOLVEN Ó XIMNASIO!!

Este curso estamos apreveitando algún ratiño das sesións semanais de psicomotricidade para practicar algúns xogos tradicionais. Algúns están acompañados de pequenas cancións, outros de retahílas... pero todos nos resultan divertidos!!

Seguro que os pais e nais dos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos, estes xogos lle taen á memoria bos momentos da súa infancia, só falta retomalos no presente e compartilos cos seus fillos!!

 

ZAPATITO INGLÉS

 

 Dentro do grupo eliximos un "contador" que estará de costas ós seus compañeiros a unha certa distancia. Mentres o grupo avanza para intentar tocar o "contador", este cantará a retahíla: "Uno, dos, tres, zapatito inglés, sin mover las manos ni los pies". Cada vez que remate, xirarase para ver quen se move e mandalo comezar de novo. O primeiro en tocar ó "contador", dirá "chorizo" mentres todos escapan para evitar ser pillados, posto que de aí sairá o próximo contador.

BO NADAL!

Distribuir contido


by Dr. Radut