Skip to Content

ACTIVIDADE INFANTIL 7 ao 14 de maio

Boas a tod@s! esta semana quérevos propoñer unha actividade relacionada co mes do ano que acabamos de comezar, MAIO.

Por isto, rétovos a facer un " MAIO", E qué é un maio? os maios e as maias ( estas agora desaparecidas) constituíron ao longo de moitos séculos unha celebración de culto á natureza e ao comezo da primavera.

Os maios lembran a unha árbore adobiada con toda clase de flores, outras semellan u cruceiro, un boneco ou outro obxecto calquera, pero tamén nenos/as ben cubertos con flores e ramallos.

Deixo uns enlaces por se vos serven de inspiración!

Agardo os vosos maios!!!

patricia.villar@edu.xunta.gal

Eiquí ven o maio

de flores cuberto,

trae a primavera,

xa morreu o inverno...

AnexoTamaño
maio1.jpg138.22 KB
maio2.jpg198.56 KB
maio3.jpg14.46 KB


page | by Dr. Radut