PINTAMOS CON XEO DE CORES ( 20-28 de maio)
Boas familias! esta semana propóñovos unha actividade moi refrescante, aproveitando que fai moita calor.
Vamos a facer unha obra de arte empregando xeo de cores!!! Cada un pode mostrar as suas dotes artísticas como queira!
Os pasos e os ingredientes para esta actividade son os seguintes:
- auga
- colorante alimentario
- cubitera
- pauciños de madeira (depresores).
Collemos vasos ( tantos coma cores queirades empregar) poñemos un pouco de auga e votamos o colorante alimentario( ben cargado para que o pintar se note ben). Logo enchemos os ocos da cubitera de distintas cores, poñemos os depresores en cada oco e o conxelador.
Esperamos unhas horiñas ou un día e xa temos listo todo para comezar a obra.
Xa sabedes que me encanta ver as vosas obras! Agardo por elas.
patricia.villar@edu.xunta.gal
Unha boa idea e colocar unha cinta adhesiva para que os pauciños non se movan.
Xa podemos comezar a obra de arte.