O alumnado de 5º e 6º de primaria gozou dun día con moitas sorpresas. As carreiras de orientación e as tirolinas provocaron un montón de anécdotas e un subidón de adrenalina.
O alumnado de sexto de primaria do CPI de Bembibre participou, nunha mañá solleira, das piragüas - dragóns xunto ao alumnado de do colexio de Portomouro e de Traba. Unha regata emocionante gozando, ademais, dunha paisaxe idílica.
O martes 28 de maio celebramos unha convivencia de xogos populares co alumnado do CEIP Xacinto Amigo Lera de Portomouro. Descubrimos un montón de xogos para gozar e ben fáciles de elaborar.
O mércore 8 de maio celebramos unha convivencia deportiva co alumnado do colexio Inmaculada, de Sta Comba. Neste resumo podedes comprobar o bo ambiente e as diferentes actividades practicadas: baloncesto, futbol, voleibol e como non o pano para rematar a maña. Moitas grazas a todos pola participación lúdica nesa maña soleada.
Convivencia multideportiva entre o alumnado do CEIP Pepe de Xan Baña e o alumnado do CPI de Bembibre. Grazas ao alumnado de Traba-Castriz polo seu recibimento e amabilidade. Vémonos noutra. Saúdos