O alumnado de 5º e 6º d primaria gozou coñecendo e realizando esta fermosa ruta de 13,5 km percorrendo o noso patrimonio. O cansanzo fixo a súa presenza durante o percorrido pero a fermosura da ruta fixo que puidéramos continuar e non desfalecer.
Aquí podedes observar este vídeo coa nosa experiencia.
Visitounos Lucas, exalumno do noso centro, porteiro de futbol profesional cunha ampla traxectoria en equipos españois. Actualmente ven de rematar a temporada co Atletico Baleares de 1ª Federación. Fixo un oco para charlar co alumnado de 4º de primaria, saudar ao resto e de paso firmar algún que outro autógrafo.
Andaina solidaria na que colaborou a comunidade educativa do noso centro. Axudamos comprando camisetas e facendo chapas e, como non, realizando a andaina.
Unha pequena mostra da participación dos nosos compañeiros e compañeiras no campionato provincial de campo a través celebrado en Ferrol, o día 17 demarzo.
Celebrouse a fase Intercomarcal de campo a través nunha maña solleira e moi animada. Gran participación do noso centro con varios alumnos clasificados para o provincial que se vai celebrar en Ferrol o 17 de marzo.
Adxuntamos listado do alumnado clasificado para o provincial e a normativa da carreira.
A carreira celebrada o mércores 21 de decembro destinou os fondos recadados á COCIÑA ECONÓMICA de Compostela. Grazas pola vosa colaboración e polo esforzo de todo o alumnado.
O venres 2 de decembro celebrouse en A Baña a fase comarcal de campo a través. Moita ilusión, forza e interés en agradar por parte dos participantes. Máis sorrisos que canzanzos nunha mañá ben agradable.
O venres 13 de maio oalumnado de 4º de primaria trasladouse ás Fragas do Eume para realizar unha ruta de sendeirismo. Aqui vos deixamos unha pequena mostra de como pasaron o día.
O venres 13 de maio oalumnado de 4º de primaria trasladouse ás Fragas do Eume para realizar unha ruta de sendeirismo. Aqui vos deixamos unha pequena mostra de como pasaron o día.