Unha pequena mostra das actividades de Patios Dinámicos realizadas co alumnado de infantil. Colaboración entre o profesorado de Infantil e Atención Temperá.
O 13 de decembro celebramos a CARREIRA SOLIDARIA. Despois de moitos adestramentos e dunha boa preparación disputamos a carreira, este ano ano adicada a LOITA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL. Parabens e grazas a todos e todas pola vosa colaboración e aportación.
No mes de outubro o alumnado de 3º de primaria completou, con moito esforzo e ilusión, a ruta do Rexedoiro de 13,5 km. Apreciade a beleza da paisaxe e o esforzo do alumnado.
O equipo de Petanca "Val do Dubra" impartiu o venres 11 de xuño un obradoiro moi entretido e enriquecedor. Pasamos un rato ben agradable. Grazas a todos eles.