Skip to Content

Carreira Solidaria

As nosas alumnas e alumnos doaron

671,70€

para a XIII Carreira Solidaria de Save the Children. Moitas gracias a todos/as e ás súas familias por colaborar nesta iniciativa solidaria.

Sorteo da cesta de Nadal da excursión de 4º ESO

O número premiado cunha cesta de Nadal na rifa da excursión de 4º ESO é o:

0122

CAMBIO DE NÚMERO DE TELÉFONO

O novo número de teléfono do centro é:

881 866 981

Aberto prazo presentación de candidaturas ao Consello Escolar

Ábrese o prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar para os diferentes sectores da comunidade escolar:

  • Alumnos/as
  • Pais e nais
  • Persoal docente
  • Persoal non docente

O prazo de admisión de candidaturas é do 7 ao 17 de novembro de 2016. As solicitudes deben presentarse na oficina de administración empregando este impreso

 

Inicio curso escolar 2016-17

Segundo a Orde do 7 de xuño de 2016 (DOG do 15/06/2016) pola que se aproba o calendario escolar para o curso 16-17 o inicio de curso e os períodos de vacacións son os que seguen:

Inicio curso primaria e infantil: luns, 12 de setembro de 2016

Inicio curso ESO: xoves, 15 de setembro de 2016

Vacacións Nadal: 22 de decembro de 2016 ata 0 6 de xaneiro de 2017, ambos incluídos.

Semana Santa: do 10 ao 17 de abril de 2017

Entroido: do 27 de febreiro ao 1 de marzo de 2017

Día do ensino: 31 de outubro de 2016

Escollido polo Concello: 25 de maio de 2017

Escollido polo Centro: 26 de maio de 2017

O resto de festivos son nacionais ou autonómicos

Reparto de libros de fondolibros

Listaxe definitiva de reparto de libros de fondolibros de primaria. e informe de adquisición complementaria de libros. Este último informe sinala os libros que o centro vai mercar para completar o cupo de libros que lle tocan (4 ou 6) aos alumnos segundo a súa renda.

En 4º de Primaria, no caso de adquisición complementaria por parte do centro, os libros que se compren serán mercados na seguinte orden: Lingua Galega, Lingua Castelá, Matemáticas, Inglés, Ciencias naturais e Ciencias sociais.

Libros de texto 2016-17

Listaxe cos libros de texto para o curso 2016-17.

Exames de setembro

 

Cadro cos exames de setembro

Entrega de notas

A entrega de notas dos alumnos de secundaria é o luns 27 de xuño ás 11:00

Concurso de marcapáxinas

Estes son algúns dos traballos do I Concurso de marcapáxinas do CPI de Bembibre

Aberto prazo de admisión

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2016/17 DENDE O 1 DE MARZO ATA O 20 DE MARZO DE 2016 (por ser o día 20 domingo prorrógase ao seguinte día lectivo, 29 de marzo, o prazo de admisión de solicitudes).

O IMPRESO DE SOLICITUDE RECOLLERASE NA ADMINISTRACIÓN DESTE CENTRO.

Documentación a presentar:

  •  Impreso de solicitude cuberto
  •  Fotocopia dos DNI e das follas do Libro de Familia onde figuran os pais e o/a neno/a
  •  Fotocopia da tarxeta sanitaria
  •  Dúas fotos
  •  Elección de área alternativa (Relixión ou atención educativa)

 

A normativa que regula a admisión do alumnado é o Orde 12 de marzo de 2013 (DOG 15-3-13)

Servizos Complementarios que ofrece o centro:

  • Comedor (DECRETO 132/2013 do 1 de agosto de 2013, DOG 13 de agosto)
  • Trasporte escolar.

 

1º Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Charla sobre riscos relacionados co uso de Internet, redes sociais e novas tecnoloxías

Comunicámoslles que o vindeiro venres día 19/02/2016 ás 18:00 na biblioteca do edificio de ESO realizaráse unha interesante charla dirixida ás familias dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e ás de secundaria, onde se tratará un tema que consideramos de gran relevancia social e que afecta en gran medida aos menores de idade e por conseguinte aos seus fillos:

Riscos relacionados co uso de Internet, redes sociais e novas tecnoloxías

A charla será impartida por axentes da Garda Civil especialistas no tema, a través do denominado "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e no seu entorno", que cada ano oferta aos centros educativos o Ministerio do Interior

Entroido 2016

Distribuir contido


by Dr. Radut