Skip to Content

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O Departamento de Matemáticas convoca o III Concurso de Fotografía Matemática para o alumnado de secundaria. Pódense consultar as bases e o cartel nos arquivos adxuntos.

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/23

Pódese consultar no tabolerio do noso centro ou mediante a aplicación admisionalumnado o listado provisional do alumnado admitido no proceso de admisión para o vindeiro curso 2022/23.

REVISTA SECUNDARIA

Achégase a revista que recolle as actividades realizadas polo alumnado de secundaria durante a segunda avaliación.

BECAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO 2022/2023

O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

ABERTO O PRAZO DE ADIMISIÓN PARA O CURSO 2022/23

Do 1 ao 21 de marzo está aberto o prazo de admisión para o alumnado que se incorpora ao sistema educativo ou cambia de centro. A solicitude pódese cubrir na aplicación admisionalumnado e presentar en Sede electrónica, ou pódese entregar de forma presencial no centro. Nos arquivos adxuntos pódese descargar a o impreso da solicitude e a documentación a presentar.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Xa se pode consultar no taboleiro do centro, ou mediante Chave 365 a listaxe definitiva do alumnado procedente do centro adscrito que obtivo praza neste centro.

REVISTA SECUNDARIA

Achégase a revista que recolle as actividades realizadas polo alumnado de secundaria durante a primeira avaliación.

 

 

APERTURA DO PERÍODO DE RESERVA DE PRAZA PARA OS CENTROS ADSCRITOS

Dende o 11 de xaneiro ata 8 de febreiro estará aberto o prazo de reserva para os centros adscritos. 

A solicitude poderá cubrirse na aplicación admisionalumnado e presentarase na Sede Electrónica, ou de forma presencial no centro de orixe do alumnado.

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS SECUNDARIA

Xa se pode consultar no centro ou na aplicación Fondolibros a listaxe definitiva do préstamo de libros de texto para secundaria para o curso 2021-22.

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS SECUNDARIA

 

Hoxe publicamos a adxudicación provisional do Fondo solidario de libros de texto para secundaria. Poden consultar o número de libros que lle foron adxudicados a través de internet na aplicación FONDO LIBROS, se dispoñen de certificado dixital ou chave 365. 

No caso de que non poidan facelo de xeito telemático, as listaxes estarán dispoñibles no centro.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS PRIMARIA CURSO 21-22

Xa se pode consultar no centro ou na sede electrónica da Xunta de Galicia a listaxe definitiva do préstamo de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria para o curso 2021-22.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL FONDOLIBROS

Poden consultar no centro ou na sede electrónica da Xunta de Galicia a resolución das axudas  para material escolar en educación primaria e a listaxe provisional de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria (nesta listaxe só aparece o número de libros que lle corresponde a cada alumno/a).

EXAMES DE SETEMBRO 2021

Adxúntase un arquivo co calendario de exames de setembro.

REVISTA SECUNDARIA

Adxúntase o último número da revista que recolle as actividades realizadas polo alumnado de secundaria no terceiro trimestre.

SOLICITUDE DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR

Ata o día 23 de xullo poden pasar polo centro para entregar os impresos de solicitude de transporte e comedor escolar.

Os impresos poderán recollelos nas dependenzas do colexio, ou descargalos a través da aplicación Tokapp e na páxina web do CPI de Bembibre.

Aquelas familias que soliciten o servizo de comedor escolar, ademais do impreso de solicitude, deberán presentar cuberto o Anexo II (autodeclaración).

Xunto cos impresos, achegamos unha nota informativa sobre o proceso de solicitude.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut