Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/25

Pódese consultar no tabolerio do noso centro ou mediante a aplicación admisionalumnado o listado definitivo do alumnado admitido no proceso de admisión para o vindeiro curso 2024/25.

BECAS, AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA ESTUDAR

O prazo para solicitar axudas do Ministerio para estudos está aberto dende o 19-03-24 ata o 10-05-24.

Máis información na páxina web:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html

Tamén teñen información no arquivo adxunto.

GAÑADORES DA FASE CLASIFICATORIA DO CLUB DE DEBATE

O 29 de febreiro de 2024 o alumnado de 3º e 4º ESO da materia de Oratoria do CPI de Bembibre acadou o primeiro posto da fase clasificatoria no Club de Debate “ALINGUA”, celebrado no auditorio do Edificio Multiusos en Santa Comba.

Parabéns aos gañadores!

 

PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-25

Do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos) estará aberto o prazo de admisión para o alumnado que se incorpora ao sistema educativo ou cambia de centro. A solicitude pódese cubrir na aplicación admisionalumnado e presentar en Sede electrónica, ou pódese entregar de forma presencial no centro. Nos arquivos adxuntos pódese descargar a o impreso da solicitude e a documentación a presentar.

As vacantes para o vindeiro curso son:

  • 4º EI: 20
  • 5º EI: 3
  • 6º EF:9
  • 1º EP 5
  • 2º EP: 2
  • 3º EP: 3
  • 4º EP: 0
  • 5º EP: 4
  • 6º EP: 3 
  • 1º ESO: 28
  • 2º ESO: 5 
  • 3º ESO: 7
  • 4º ESO: 4

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Publícase a listaxe defiitiva de alumnado admitido para o próximo curso 2024-25 no noso centro procedente de centros adscritos. Pode consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro, ou a través da sede electrónica (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Infórmase que todas as solicitudes presentadas en prazo resultaron admitidas.

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DE ADSCRICIÓN PARA O CURSO 2024/25

Dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2023 (ambos incluídos), está aberto o prazo para reservar praza nun centro de adscrición para o alumnado que cambia de etapa educativa. Tanto a presentación de solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/). Adxúntase o impreso de solicitude no arquivo adxunto.

ORDE DO 4 DE XANEIRO DE 2024 SOBRE O USO DOS TELÉFONOS MÓBILES E DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS

Adxúntase a Orde  da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

ACLARACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA SOBRE A XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA DO ALUMNADO

Adxúntase a circular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre como e cando xustificar as faltas do alumnado.

RESULTADO DO PROCESO DE ADSCRICIÓN DO PROFESORADO

Informámoslles do resultado do proceso de adscrición en educación infantil e primaria para o curso 2023/24:

Titora de 4º de infantil: Cristina Pájaro.

Titora de 5º de infantil: Ana Abelenda.

Titora de 6º de infantil: Patricia Villar.

Profesora de apoio e coordinadora de Infantil: Noelia Rouco.

 

Titor de 1º de primaria: Daniel Sánchez.

Titor de 2º de primaria; Carlos Ferrín

Titora de 3º de primaria: Vanessa Martínez

Titora de 4º de primaria: Águeda Regos.

Titora de 5º de primaria: Susana Rubal.

Titora de 6º A de primaria: María Cortizo.

Titora de 6º B de primaria: Estefanía Torres

 

Especialistas:

Audición e linguaxe: Cristina Sanín.

Educación Física: Xoán Manuel Varela.

Inglés: Patricia Urrutia.

Música: Catuxa Magán.

Pedagoxía Terapeútica: Isabel Mato.

Relixión: Beatriz Estévez.

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS CURSO 23-24

Hoxe publicamos a adxudicación definitva do fondo solidario de libros de texto. Poden consultala a través de internet se dispoñen de certificado dixital ou Chave365 (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/). No caso de non poder facelo de xeito telemático, as listaxes estarán dispoñibles no centro.

 

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS CURSO 23-24

Hoxe publicamos a adxudicación provisional do fondo solidario de libros de texto. Poden consultala a través de internet se dispoñen de certificado dixital ou Chave365 (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/). No caso de non poder facelo de xeito telemático, as listaxes estarán dispoñibles no centro.

 

Prazo de reclamación: dous días.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Publícase no arquivo adxunto a relación de libros de texto para o curso 2023-24 para as etapas de primaria e secundaria.

 

 

CURSO 2023/24: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Publicouse no DOG a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria e educación secundaria obrigatoria.

- As axudas para a adquisición de libros de texto son para 1º e 2º de primaria.

- O fondo solidario de libros de texto é para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

- As axudas para a adquisición de material escolar son para o alumnado de primaria e secundaria.

A partir do luns 22 de maio e ata o 21 de xuño, poderán presentar vía electrónica ou persoalmente na administración do centro, as solicitudes de participación.

Nos seguintes anexos poden descargar a Orde do 10 de maio de 2023 que regula o procedemento, un resumo de dita Orde e os impresos de solicitude:

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 23-24

Publícanse as listaxes defiitivas de alumnado admitido para o próximo curso 2023-24 no noso centro. Poden consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro, ou a través da sede electrónica (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Infórmase que todas as solicitudes de admisión presentadas en prazo resultaron admitidas.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Xa está aberto o prazo para solicitar becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Para máis información poden consultar a páxina web do Ministerio de Educación e Formación Profesional:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

Distribuir contido


by Dr. Radut