Skip to Content

BECAS E AXUDAS A ALUMNOS DE NIVELES POSTOBRIGATORIOS

Xa está aberto o prazo para solicitar becas para estudos postobrigatorios. Para máis información poden consultar a páxina web do Ministerio de Educación e Formación Profesional:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2023.html#dg1

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 23-24

Publícanse as listaxes provisionais de alumnado admitido para o próximo curso 2023-24 no noso centro. Poden consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro, ou a través da sede electrónica (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Infórmase que todas as solicitudes de admisión presentadas en prazo resultaron admitidas.

PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/2024

Do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos) estará aberto o prazo de admisión para o alumnado que se incorpora ao sistema educativo ou cambia de centro. A solicitude pódese cubrir na aplicación admisionalumnado e presentar en Sede electrónica, ou pódese entregar de forma presencial no centro. Nos arquivos adxuntos pódese descargar a o impreso da solicitude e a documentación a presentar.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Xa se pode consultar no taboleiro do centro ou mediante Chave 365 a listaxe definitiva do alumnado precedente do centro adscrito que obtivo praza neste centro.

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DE ADSCRICIÓN PARA O CURSO 2023/24

Dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro de 2023 (ambos incluídos), está aberto o prazo para reservar praza nun centro de adscrición para o alumnado que cambia de etapa educativa. Tanto a presentación de solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/). Adxúntase o impreso de solicitude no arquivo adxunto.

 

APMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Publicouse no DOGA do 14 de outubro de 2022 a concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, ampliación por valor de 25 euros. Concédesella a todas as persoas que foron beneficiarias da axuda de 50 euros. Poden pasar polo centro a recollar os vales.

 

MATERIAL INFANTIL CURSO 2022-23

Adxúntase o mateirial de educación infantil para o vindeiro curso.

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS

Xa poden consultar a listaxe definitiva de Fondolibros a través da sede electrónica (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) se dispoñen de Chave 365 ou certificado dixital. Tamén están dispoñibles no centro.

 

LISTAXE PROVISIONAL FODOLIBROS

Hoxe publicamos a adxudicación provisional do fondo solidario de libros de texto. Poden consultala a través de internet se dispoñen de certificado dixital ou Chave365 (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/). No caso de non poder facelo de xeito telemático, as listaxes estarán dispoñibles no centro.

 

Prazo de reclamación: dous días.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/23

No arquivo adxunto pódese consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2022/23.

SEGUNDO PREMIO NO XII CONCURSO DE SONDAXES E EXPERIMENTOS

SOMOS FINALISTAS NO XII CONCURSO DE SONDAXES E EXPERIMENTOS

Con data 02/06/2022, publicouse no sitio web da SGAPEIO o fallo do xurado que valora os traballos presentados á XII Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3513-xii-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

Na Categoría de 1º e 2º ESO, o grupo conformado por Érika, Alejandro, Leo e Anxo de 1ºA do CPI de Bembibre conseguiu participar na final galega polo que optará a ser o mellor traballo de Galicia co “É posible aprobar un exame facéndoo ao chou?”. Ademais dos premios, pelexarán por representar a Galicia na fase nacional!

Amais, dous grupos conseguiron mencións especiais do xurado:
"Como caen os zapatos?" de Diego, Tania, Julia e Samuel de 1ºA
"As marcas inflúen nos gustos?" de Sergio, Iván, Sabrina, Pablo e Adrián de 1º B

A fase final galega terá lugar na facultade de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela nunha data aínda a determinar pola organización.

Dende o CPI de Bembibre presentáronse traballos de 13 grupos dos cursos 1º e 2º ESO, todos eles cunha calidade moi significativa. Aínda que só tres deles teñan recoñecemento da organización en forma de premios, dende o Departamento de Matemáticos queremos extender os nosos parabéns a todas e todos os participantes polo esforzo na execución e redacción dos diferentes estudos estatísticos.

Parabéns!

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/23

Pódese consultar no tabolerio do noso centro ou mediante a aplicación admisionalumnado o listado definitivo do alumnado admitido no proceso de admisión para o vindeiro curso 2022/23.

BOLSAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Ábrese o prazo para solicitar axudas para o alumnado con necesidades espeíficas de apoio educativo. O prazo remata o 30 de setembro de 2022. Máis información no arquivo adxunto.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/23

Ábrese o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso. Poden consultar a ORDE na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_es.html

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B) ou presencialmente no centro docente.

Prazo de presentación das solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut