Skip to Content

LAPBOOK DE 2º DE PRIMARIA

Despois da visita á panadaría procedemos á elaboración dun lapbook, no que irrumpe a creatividade e a practicidade, para darlle soporte ao aprendizaxe. Este lapbook serve para apoiar visualmente a nosa clase maxistral, por equipos cooperativos, sobre o tema do pan en primeiro curso de primaria. A través del explicámoslles de xeito visual e interactivo aos nosos/as compañeiros/as de primeiro o proceso de elaboración do pan. Logo da explicación tivemos a oprtunidade de interactuar e xogar todos/as e demostrar o que aprendemos.

Premede nestas imaxes e veredes algunha das fotos que amosan o traballo desenvolvido.

                     

A XORNALISTA DA TVG MABEL MONTES VOLVE VISITAR O CPI

Este mércores 21 de Marzo recibimos no centro a visita da presentadora do programa “O Tempo” da TVG, Mabel Montes. Esta xornalista xa nos visitara o curso pasado para realizar unha actividade formativa con todo o alumnado de ESO, e esta vez achegouse para charlar co alumnado de 1° ESO que está a realizar un programa similar para a nosa nova canle de TV. Primeiro explicoulles como realizan as súas propias prediccións, baseadas principalmente nos datos de MeteoGalicia, a continuación intercambiou con eles/as coñecementos sobre meteoroloxía e finalmente ensairon e gravaron conxuntamente un programa coa predición para hoxe. O alumnado amosou moito interese nesta actividade, participou activamente nela e realizou moitas preguntas á nosa convidada, que quedou moi contenta e impresionada con el.

Moitas grazas a Mabel pola visita e polo trato tan amable e cariñoso para cos nosos rapaces e rapazas.

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver algúns dos momentos vividos durante a visita.

             

SAIDA Á PANADARÍA. 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O martes 20 de marzo o alumnado de 2º de primaria fomos facer unha visita á panadaría de Cuntis onde nos atenderon a panadeira e a axudante mentras o repartidor estaba levando pan aos domicilios. Explicáronnos como se fai o pan ( ingredientes, feitura...), tipos de productos que ofertan ( blotes, bolos, empanadas, roscas...) e por suposto practicamos nós amasando, dándolle forma, levando á bandexa e despois vimos como se facía no forno. Finalemente probamos rosca e esperamos que sairan os nosos boliños. 

Xa no colexio, compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro de primaria un dos nosos boliños e a experiencia que vivimos nesta xornada, velaquí unhas fotos...

    

AS AVOAS DE INFANTIL TEÑEN MOITO QUE CONTAR

A semana pasada, coa celebración do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora como fondo, adicamos moitas das nosas actividades a celebrar o importantísimo papel que teñen as mulleres nas nosas vidas en particular e na vida en xeral desta sociedade na que nos toca vivir. 

O alumnado de Educación Infantil participou en varias actividades programadas para esta semana, pero unha das máis significativas para os/as nosos/as cativos/as sen dúbida foi a visita dun grupo de avoas que se ofreceu a compartir con todos/as nós a súa experiencia de vida e todos os seus coñecementos.

Os/as nosos/as cativos/as desfrutaron de primeira man da compañía, historias e anécdotas das avoas Concha, Carmen, Elena, Lucía, Ana, Rosa, Marisé, da bisavoa Lola, e fixéronlle un montón de preguntas que elas moi amablemente respostaron. 

Moitas grazas a todas por compartir con nós o voso tempo e achegarnos a vosa visión da vida; na escola quedamos con gañas de máis historias e de futuras visitas. Aquí quedan algunhas imaxes dos momentos vividos..... 

    

CONTACONTOS PARA INFANTIL E 1º CURSO DE PRIMARIA

O pasado mércores 7 de marzo, o alumnado de Infantil do noso centro e da Escola Unitaria de Arcos de Furcos xunto cos/as rapaces/as do primeiro curso de Primaria, asistiu a unha sesión de contacontos grazas á colaboración da concellería de Igualdade e Benestar Social do Concello de Cuntis.

Con motivo do día Internacional da Muller a compañía de teatro Ghazafellos achegoulle ao noso alumnado a obra " O País dos Mandóns" onde Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo coñecendo lugares e realidades diferentes pero buscando sempre A Igualdade de oportunidades para todos e todas.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do ben que o pasaron todos e todas.....

            

ALBERT LLOVERA VISITA O NOSO CENTRO

O pasado venres 2 de marzo veu ao noso centro Albert Llovera darnos unha charla da que o alumnado saiu realmente impresionado de coñecer todos os seus éxitos mundiais e as súas ansias de superación persoal. 

Moitas grazas pola visita Albert e por compartires con nós a túa experiencia vital.

Podedes ver algunhas imaxes da visita premendo nestas fotos ou visitando a nosa galería..

     

O ALUMNADO DE FRANCÉS DA ESO VAI AO TEATRO

O alumnado da ESO que cursa a asignatura de Língua francesa no noso centro tivo unha saída ao Teatro Principal de Santiago o pasado 27 de febreiro de 2018 para ver a obra " Vis la vie en rose" da Compañía La Boéme. Ademáis do teatro tamén aproveitaron para facer unha visita guiada ao Parlamento de Galicia para coñecelo un pouco máis de preto.

Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada que tan ben aproveitaron os/as nosos/as alumnos/as.

            

Teatro "Garbancito na barriga do boi". 1º e 2º de Primaria.

Este xoves 1 de marzo, os cursos de 1º e 2º de Educación Primaria realizaron unha saída a Pontevedra para ver a obra de teatro "Garbancito na barriga do boi". Unha historia con imaxes representativas e monicreques ,musicada en directo que nos falaba dun diminuto protagonista que se adentra nun reino de mentiras dentro da barriga dun animal.

Podedes botarlle un ollo ás fotos premendo nesta imaxe ou visitando a nosa galería.

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO NO CENTRO 2018-2019

O prazo de solicitudes de Admisión para o curso 2018-2019 abrangue dende o 1 até o 20 de marzo ( *de acordo co establecido na Disposición Adicional primeira da orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado).

O proceso de admisión pódese facer dende a Sede Electrónica da XUNTA seguindo as instruccións que aparecen neste enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B)

Podedes pasar pola secretaría do centro en horario de 8,45 a 13,45hs de luns a venres para recoller e entregar os documentos necesarios ou descargalos dende este enlace: FORMULARIO ADMISIÓN DO ALUMNADO. ANEXO II

A NUTRICIONISTA LIDIA FOLGAR VISITA AO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA

O venres 2 de febreiro a nutricionista, exconcursante do programa de televisión Masterchef, e veciña de Caldas de Reis, Lidia Folgar visitou o noso centro para dar unha charla sobre alimentación aos/as nenos/as de 2º de Educación Primaria. Faloulles de hábitos saudables, da importante presenza do azucre en moitos alimentos e bebidas, e da necesidade da concienciación dende rapaces para ter mellor saude no presente e de cara ao futuro.

Foi unha visita moi interesante para os/as cativos/as como podedes ver nas seguintes fotos...

          

Distribuir contido


by Dr. Radut