Skip to Content

OS PAXES DOS REIS MAGOS VISITAN O CPI

Esta luns 18 de decembro visitaron o noso centro os/as axudantes das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, os/as Paxes Reais. Todo o alumnado do centro puido velos/as polos corredores, pero foron os máis cativos/as de Infantil e Primeiro e Segundo de Primaria os que tiveron contacto con eles/as dun xeito máis próximo.

Falaron con eles/as, dixéronlle os agasallos que tiñan pedidos, recibiron as cartas que eles traian para poder escribirlle e tamén se fixeron fotos con eles/as que podedes ver premendo nesta imaxe ou visitando a nosa galería de fotos.

    

FESTIVAL DE NADAL 2017

 

SAÍDA AO MERCADO DE 2º DE PRIMARIA

O pasado 13 de decembro as aulas de segundo de Educación Primaria fomos visitar o mercado de Cuntis. Alí recibíronnos para amosarnos os tres postos que hai: a froiteira ensinounos as súas saborosas froitas e verduras; a peixeira amosounos a varidade de peixes que se mercan e venden; e a carniceira tamén nos mostrou as apetecibles carnes de vaca, porco, ave e coello cos que traballa. Logo fóra do mercado vimos as fotos en branco e negro do noso pasado cuntiense.

Premede nesta imaxe e poderedes ver algún dos momentos tan xeitosos que pasamos coas nosas mestras nesta actividade....

O ALUMNADO DE 2º DA ESO VISITA A TVG

Neste curso 2017-2018 o noso centro foi seleccionado para participar no Programa PITEAS, promovido pola Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a participación da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela. Este programa nace como un proxecto de mellora da formación do profesorado e de apoio e asesoramento aos centros educativos na detección e educación do talento de alumnas e alumnos. 

Todo o alumnado do centro está a participar deste proxecto e dentro das actividades organizadas para o alumnado da ESO temos prevista a creación dun produto televisivo,polo que o alumnado de 2º ESO asistiu á gravación do programa para público infantil "Pequenos Fenómenos", que tivo lugar o pasado martes 12 de Decembro e que se emitirá o vindeiro sábado día 23 en horario de noite na TVG.

Premede na imaxe e veredes algunhas das fotos da xornada, nas se pode apreciar moi ben o emocionado que estaba o alumnado durante a realización da actividade...

CIENCIA OU MAXIA. EXPERIMENTOS PITEAS PARA A EP

Este pasado venres 1 de decembro tocoulle o turno ao alumnado de terceiro a sexto de primaria de vivir a experiencia da maxia científica. Unha vez máis o profesor de Bioloxía e divulgador científico e colaborador PITEAS, David Ballesteros, comparteu con todos nós os seus experimentos científicos que semellan maxia; da man das súas ensinanzas aprendimos que estudando, curioseando e sobre todo investigando o que nos rodea a ciencia é accesible a todos/as e pode resultar moi divertida.

Premendo nestas imaxes podedes ver algunhas fotos que nos quitaron as/os mestras/es....

    

Mes da Ciencia 2017. ENTREGA DE PREMIOS DA ESO

Este pasado martes 28 de novembro fixemos entrega dos premios da quinta edición do Mes da Ciencia 2017 para a etapa de Secundaria; unha edición moi difícil para o xurado dada a grande calidade dos traballos presentados en todas as categorías e etapas e ao número de participantes que desta volta se animaron a compartir con todos/as nós a súa sabedoría e bon facer científico.

Os/as gañadores na etapa da ESO foron:

  • Na categoría de Experimentos: Marta García Folgar
  • Na categoría de Fotografía :Isabel Amor Amado
  • Na categoría de Texto en Língua Galega acorde coa fotografía: Nerea prado Pombo
  • Na categoría de Cartel do Mes da Ciencia: María Escariz Eiriz
  • Na categoría de Concurso de Cunchas: Angela Lago, Lara López, Ana Rodríguez e Blanca Martínez
  • Na categoría de Xogo das Árbores: Paula Fontán, Lucía Bragaña, Marta García e Alejandro González.

Por todo o traballo, esforzo e gañas que puxeron desta volta, queremos darlle os parabéns a todo o alumnado premiado nesta edición e aos demáis participantes animalos/as a seguir investigando, aprendendo e desfrutar da Ciencia.

Aquí vos deixamos unhas imaxes dos/as premiados/as nas diferentes categorías da Educación Secundaria e o vídeo do experimento gañador...

     

                     FOTOS                                                   EXPERIMENTO

Mes da Ciencia 2017. Charla sobre Incendios da USC

Na tarde do pasado martes 28 de Novembro o alumnado da ESO asistiu á derradeira sesión de actividades do Mes da Ciencia 2017. Rematamos este intenso mes de traballo cunha charla sobre os incendios a cargo do profesor Roque Rodríguez da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC.

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos e veredes algún dos momentos da xornada....

      

ANXO MOURE VISITA AOS/AS MÁIS CATIVOS/AS DO CENTRO

Este martes 28 de novembro a cativada do noso centro tivo unha visita moi especial e tamén moi esperada, o grande contador de historias Anxo Moure. Entre contos, disfraces, risas , apertas e moito amor pola natureza en xeral e pola xente que temos máis perto, o alumnado de Educación Infantil e primeiro curso de Educación Primaria pasou unha mañá aprendendo que o valor das cousas poñémosllo cada un de nós.

Premede nestas imaxes, ou visitade a nosa galería de fotos e veredes polas caras dos nosos/as máis pequechos/as que tanto desfrutaron desta visita.

     

O CPI DE CUNTIS BERRA CONTRA VIOLENCIA

Hoxe vestímonos de negro todos/as: alumnado, profesorado e outro persoal do centro. Saímos ao patio para berrar ben forte e dúas alumnas leron un texto que expresa o noso sentir, o noso berro colectivo contra esta lacra social que entre todas e todos temos que exterminar. 

BASTA XA!!!

CAMPO A TRAVÉS NA ESTRADA

Este mércores 22 de novembro tivo lugar na Praia fluvial de A Estrada o campeonato Xogade-Campo organizado pola Agrupación A Estrada de Deporte Escolar en colaboración co concello da Estrada e a Secretaría Xeral para o Deporte. Xunto co noso alumnado de primaria e secundaria participaron outros oito centros da comarca chegando a xuntarse seiscentos cincuenta campionas e campións.

Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada e un enlace ao xornal no que falan da noticia....

****CAMPO A TRAVES NA PRENSA

Distribuir contido


by Dr. Radut