Skip to Content

II FEIRA DE PROXECTOS PITEAS 2018. POSTERS PRESENTADOS

Este venres 4 de maio terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a II FEIRA DE PROXECTOS PITEAS no que está a participar o noso centro neste curso 2017-2018. Entre as 16,00hs e as 20,00hs o recinto estará aberto ao público que poderá coñecer de primeira man todos os proxectos que os distintos centros participantes estamos a desenvolver durante todo este curso.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que o noso colexio levará á feira de exposicións. 

    

O sabor da aventura está no mar. Obradoiro de Abril 2018.

Este pasado venres 27 de abril o alumnado de quinto e sexto de infantil e de primeiro a cuarto de primaria acudiu aos aobradoiros desenvolvidos no noso centro do programa Aliméntate Ben dos Plans Proxecta no que o seu profesorado está a participar neste curso 2017-2018.

Un ano máis recibiron a visita do mariñeiro Luís e da acuicultora Mariña que nos trouxeron novas dos nosos amigos da Patrulla dos Arroases que tantas cousas sobre os productos do mar nos ensinan cada ano.

Premede nestas imaxes e veredes algún dos momentos que vivimos nesta xornada.

             

II FEIRA DE PROXECTOS PITEAS 2018

Este venres 4 de maio terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a II FEIRA DE PROXECTOS PITEAS de Formación e Mentoring para o desenvolvemento do talento, baseado nun convenio de colaboración asinado pola Consellaría de Educación, a Fundación Barrié e a Universidade de Santiago de Compostela na que participa o noso centro dende comezos deste curso 2017-2018.

A asistencia á feira está aberta ao público en xeral polo que dende o noso centro, e dado o traballo que estivemos desenvolvendo nestes últimos meses, comprácenos extender este convite a todas as familias, profesorado e comunidade educativa do noso alumnado para acompañarnos este venres 4 de maio en horario de 16,00 a 20,00 horas.

Aquí vos deixamos o convite que fixo o alumnado do noso centro e un pequeno resumo dos distintos proxectos que presentaremos na feira.

               

XORNADA DE ATLETISMO EN CUNTIS

O Programa XOGADE-Deporte Escolar organizou o 17 de Abril unha xornada para o alumnado de 5º de educación primaria coa idea de fomentar o interese polo atletismo. O encontro contou coa participación de 5 centros educativos e celebrouse no campo de fútbol municipal de As Canteiras de Cuntis. O alumnado competiu en probas de lanzamento de peso, salto de lonxitude, lanzamento de xavelina, relevos, probas de velocidade e de media distancia.

Podedes ver unhas fotos da xornada premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

           

Visita a SOGAMA e A casa Grande de Xanceda

O día 10 de abril o alumnado de 5º de EP visitou as instalacións de SOGAMA , vista enmarcada dentro do plan Proxecta “1,2,3 recíclate con SOGAMA”. Máis tarde foron coñecer o xardín Botánico de Cerceda e a área fluvial do río Cabancos.

Pola tarde visitaron a granxa ecolóxica da Casa Grande de Xanceda e coñerecon de primeira man o proceso de fabricación dos produtos que alí se fan. Ademais “traballaron” a reo no coidado dos animais da mesma.

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades que fixeron ao longo do día.

        

1º PREMIO EDUCACOMPOSTELA PARA O NOSO CPI

Este martes 10 de abril entregáronse os Premios Educacompostela nun acto celebrado no Pazo de Raxoi de Santiago ao que acudiron representantes do noso centro para recoller o 1º premio que nos outorgaron pola aplicación para dispositivos móbiles Cuntistar. Estes premios buscan recoñecer a elaboración de materiais educativos que favorecen a innovación educativa e a importancia da implicación de todo o profesorado e alumnado nun ensino público e de calidade.

Moitos parabéns a todo o alumnado que participou na elaboración e posta en marcha desta aplicación móbil, ao mestre Javier Carballo polo seu traballo na parte técnica e gañas de facer cousas tan ben feitas e á coordinadora do proxecto e profesora de Língua Galega, Natividad Diéguez, que con moito traballo, tempo e ilusión conseguiu unha vez máis que o noso alumnado e o noso centro sexan referente de ensino de calidade.  

Premendo nesta imaxe podedes acceder á noticia que saiu na prensa escrita de hoxe.

O ALUMNADO DE INFANTIL VISITA AS AUGAS DE CUNTIS

O alumnado de Educación Infantil está a participar do Proxecto PITEAS no que foi seleccionado o noso centro cun proxecto titulado "Cuntis, Terra de Augas" e dentro deste proxecto unha das moitas actividades que estamos a desenvolver foi unha visita polo casco histórico de Cuntis para coñecer de perto a importancia da auga na vida de todos/as os/as cuntienses.

Aproveitando que o día 22 de marzo era o Día Mundial da Auga acordamos facer esta visita e como podedes ver, se visitades a nosa galería de fotos, sacamos moitas fotos para seguir a traballar nas aulas e complementar o noso proxecto.

Para a realización desta visita guiada contamos coa inestimable axuda de Manuel, o técnico de turismo do Concello de Cuntis, que en todo momento se amosou moi interesado en traballar canda nós, explicounos todas as cousas que temos en Cuntis relacionadas coa auga e participou activamente na xestión desta visita. Por todo o seu amable traballo e implicación para canda os/as nosos/as rapaces/as, moitas grazas Manuel.

    

LAPBOOK DE 2º DE PRIMARIA

Despois da visita á panadaría procedemos á elaboración dun lapbook, no que irrumpe a creatividade e a practicidade, para darlle soporte ao aprendizaxe. Este lapbook serve para apoiar visualmente a nosa clase maxistral, por equipos cooperativos, sobre o tema do pan en primeiro curso de primaria. A través del explicámoslles de xeito visual e interactivo aos nosos/as compañeiros/as de primeiro o proceso de elaboración do pan. Logo da explicación tivemos a oprtunidade de interactuar e xogar todos/as e demostrar o que aprendemos.

Premede nestas imaxes e veredes algunha das fotos que amosan o traballo desenvolvido.

                     

A XORNALISTA DA TVG MABEL MONTES VOLVE VISITAR O CPI

Este mércores 21 de Marzo recibimos no centro a visita da presentadora do programa “O Tempo” da TVG, Mabel Montes. Esta xornalista xa nos visitara o curso pasado para realizar unha actividade formativa con todo o alumnado de ESO, e esta vez achegouse para charlar co alumnado de 1° ESO que está a realizar un programa similar para a nosa nova canle de TV. Primeiro explicoulles como realizan as súas propias prediccións, baseadas principalmente nos datos de MeteoGalicia, a continuación intercambiou con eles/as coñecementos sobre meteoroloxía e finalmente ensairon e gravaron conxuntamente un programa coa predición para hoxe. O alumnado amosou moito interese nesta actividade, participou activamente nela e realizou moitas preguntas á nosa convidada, que quedou moi contenta e impresionada con el.

Moitas grazas a Mabel pola visita e polo trato tan amable e cariñoso para cos nosos rapaces e rapazas.

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver algúns dos momentos vividos durante a visita.

             

SAIDA Á PANADARÍA. 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O martes 20 de marzo o alumnado de 2º de primaria fomos facer unha visita á panadaría de Cuntis onde nos atenderon a panadeira e a axudante mentras o repartidor estaba levando pan aos domicilios. Explicáronnos como se fai o pan ( ingredientes, feitura...), tipos de productos que ofertan ( blotes, bolos, empanadas, roscas...) e por suposto practicamos nós amasando, dándolle forma, levando á bandexa e despois vimos como se facía no forno. Finalemente probamos rosca e esperamos que sairan os nosos boliños. 

Xa no colexio, compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro de primaria un dos nosos boliños e a experiencia que vivimos nesta xornada, velaquí unhas fotos...

    

Distribuir contido


by Dr. Radut