XORNADA DE ATLETISMO EN CUNTIS
O Programa XOGADE-Deporte Escolar organizou o 17 de Abril unha xornada para o alumnado de 5º de educación primaria coa idea de fomentar o interese polo atletismo. O encontro contou coa participación de 5 centros educativos e celebrouse no campo de fútbol municipal de As Canteiras de Cuntis. O alumnado competiu en probas de lanzamento de peso, salto de lonxitude, lanzamento de xavelina, relevos, probas de velocidade e de media distancia.
Podedes ver unhas fotos da xornada premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.