Skip to Content

ACCESSIT RETO LECTOR

As nosas alumnas Sara Sabir e Saray Yglesias acudiron á cidade de Vigo, o pasado 25 de xuño, para recoller o seu accessit no Certame Reto Lector, da Editorial Galaxia.

Entregoulles o premio (un lote de libros) Antía Yáñez, autora da novela que recomendaron, O misterio de Portomarín.

Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=GCsjn3JfAy0&t=0s&list=PLGplowLMzK90BYkYeLblN-pK_0do4W8OZ&index=16

Nova no web de galaxia: http://editorialgalaxia.gal/46351/

UN DÍA NA PRAIA. ILLA DE AROUSA

O pasado martes 12 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria fomos de excursión á Illa de Arousa. Achegámonos ao Parque Natural de Carreirón onde desfrutamos dunha ruta de sendeirismo pola costa observando as calas de area branca e o bosque autóctono que o forman.

 Sobre ás 11.30 merendamos na area e organizámonos por equipos para facer diferentes xogos deportivos.

 Comemos todos xuntos con vistas á marisma e pola tarde participamos nun concurso de esculturas realizadas coa area e diversos elementos naturais que fomos atopando. A ganadora foi “A cara chorona”.

 Pasámolo moi ben!!!

 Podedes ver e o ben que o pasamos premendo nas imaxes.

 

AGRADECEMENTOS

Como é de ben nacidos/as ser agradecidos/as, velaquí quedan os nosos agradecementos:

 

A todo o alumnado do centro, que ao longo destes anos nos deu forza para traballar día a día con ilusión para coidar o seu presente e mellorar o seu futuro.

A todas as familias do alumnado, que sempre colaboraron connosco para que a educación dos seus fillos e fillas fora mellor.

A todo o profesorado do centro, de hoxe e de onte, que foi o motor das melloras conseguidas ao longo destes anos.

SELO DE VIDA SAUDABLE

Acabamos o curso** cun novo recoñecemento para o centro. O Ministerio de Educación concedeunos o SELO DE VIDA SAUDABLE polos programas, proxectos e actividadades que desenvolvemos no colexio para fomentar un xeito de vida saudable.
Somos un dos 3 centros de toda Galicia selecionados. Moitos parabéns a todos e todas os que traballastes arreo para merecelo.

MATRICULA 2018-2019

O alumnado do centro deberá presentar debidamente cuberto o sobre de matrícula que lle se entregou no centro coas notas.

Os alumnos/as de nova incorporación poderán recoller e entregar o sobre de matrícula na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:30 hs.

Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes (Orde do 10 de marzo de 2013, DOG nº 53):

- Alumnado de Educación Infantil e Primaria do 20 ao 29 de xuño.

- Alumnado de Educación Secundaria do 25 de xuño ao 10 de xullo.

SUBIDA AO XESTEIRAS 2018.

O martes 20 de xuño, o alumnado de 4º ESO realizou unha saída ao monte Xesteiras para levar a cabo unha visita guiada ao único radar meteorolóxico de MeteoGalicia. O percorrido ata alí fíxose camiñando e debido ás altas temperaturas foi un pouco máis duro do esperado, pero gustoulles moito poder acceder ao interior do radar que tantas veces teñen visto, e coñecer de primeira man polos técnicos de MeteoGalicia, o seu funcionamento.

Visitade a galería de fotos ou premede nestas fotos para ver algúns momentos desta xornada....

    

ACTO DESPEDIDA ALUMNADO 4º ESO. CURSO 2017-2018

Este pasado martes 19 de xuño pola tarde tivo lugar no noso centro o acto de despedida do alumnado de 4º da ESO que pronto nos deixará para comenzar unha nova etapa escolar e de vida adulta.

Cada un/ha deles/as tivo a oportunidade de dirixirse ao público presente para compartir as súas lembranzas e historias máis divertidas do seu paso polo colexio, o seu colexio da infancia e o seu colexio para sempre.

Finalmente recibiron un agasallo coa súa foto de orla como recordo da súa estancia con todos os/as seus/as mestras e mestres que lles desexan toda a sorte do mundo.

Coma sempre podedes botarlle un ollo aos momentos máis significativos vividos premendo nesta imaxe ou visitando a nosa galería de fotos. 

 

ANDAINAS FIN DE CURSO 2018

Este luns 18 de xuño o alumnado de educación infantil e de primeiro e segundo de primaria fixo unha andaina dende o centro até Castrolandín e o entorno das Campaiñas. Coa axuda de Manuel, o técnico de turismo do concello, aprendimos cousas dos nosos antepasados que viviron en Castrolandín e desfrutamos dunha mañá de convivencia moi xeitosa cos/as nosos/as compañeiros/as. 

Podedes ver algunhas imaxes da xornada premendo nestas fotos ou visitando a nosa galería de imaxes.

    

 

O CURSO 2017-2018 EN IMAXES DE 2º DE PRIMARIA

Esta é só unha pequena mostra dos momentos vividos neste curso en 2º EP: momentos de ledicia, unión e crecemento. Desexámosvos un divertido verán. As titoras de 2º EP.

             

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA 5º E 6º DE PRIMARIA. 2018

Os días 11, 12 e 13 de xuño o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixemos unha excursión á granxa

escola Fervenzaventura en Silleda.

Fixemos moitísimas actividades relacionadas coa natureza e a actividade física como sendeirismo, equitación,

tiro con arco, escalada, tirolina...

Pasámolo xenial e convidámosvos a ver as fotos da nosa estancia.

Distribuir contido


by Dr. Radut