Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Co gallo da celebración do día Internacional da Persoas con Discapacidade, e en colaboración coa asociación AVANZAR, visitou o centro o AMFIV que é un dos equipos máis importantes do baloncesto es cadeira de rodas.

Contaron as súa experiencias e deron unha exhibición dese deporte. Máis tarde o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP e todo o alumnado da ESO puideron comprobar como é iso de xogar ao baloncesto en cadeira de rodas.

Abaixo, picando na imaxe podedes comprobar como o fixeron.

 

 

A GALIÑA AZUL

O martes 4 de decembro o alumnado de 1º e 2º de EP asistiu no teatro de A Fundación, a representación de monicreques chamada "A Galiña Azul".

Pasárono moi ben. Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta actividade.

               

CAMPO A TRAVÉS A ESTRADA

O mércores 5 de decembro alumnado desde 2º de EP a 3º de ESO participiu na proba zonal de campo a través do programa XOGADE de deporte escolar.  Neste proba participaron centros de diferentes concellos da comarca (Portas, Caldas, Moraña e A Estrada).

Foi unha xornada de convivencia moi positiva a través do deporte.

Podedes picar na imaxe de abaixo para máis fotos desta actividade.

 

25N

O día 23N conmemorouse o día internacional para a eliminación das violencias contra as mulleres.

Despois de ler o manifesto en contra desta situación, o alumnado da ESO pegou mensaxes de concienciación de esta lacra polas rúas da vila de Cuntis. Podedes premer na imaxe para ver as fotos desta xornada.

 

 

PROGRAMAS E OBRADOIROS DO CONCELLO DE CUNTIS

Ao longo deste primeiro trimestre realizáronse, en colaboración co concello de Cuntis, diferentes obradoiros relacionados con diversos contidos de gran importancia como son: a prevención da violencia de xénero, habilidades sociais, igualdade, promoción da saúde e prevención de drogodependencias:; os que participou alumnado das tres etapas do CPI.

 

Premendo na imaxe podedes ver unha pequena mostra dos mesmos.

DEPORUARTE

Durante o mes de Outubro o alumnado de ESO do CPI participiu no programa- obradoiro DEPORUARTE co resultado que podedes observar premendo a na imaxe.

VISITA OS BOLECHAS

O día de 25 Outubro o alumnado de 1º, 2º e 3º e EP foi ata Caldas de Reis  visitar unhaa exposición sobre as distintas variacións da lingua galega.

Se queredes ver a galería de fotos da visita picade na imaxe de abaixo.

 

 

MAGOSTO 2018

O mércores 31 de Outubro celebramos unha das festas máis senlleiras do CPI: O Magosto.

Ao longo deste día de festa houbo de todo: obradoiros con diferentes propostas (danza, maquillaxe, froitas terroríficas, karaoke, malabares...), circuíto de xogos tradicionais, representacións teatrais e por suposto... Castañas.

Foi un auténtico día de festa que non houdera podido ser sen a colaboración de toda a comunidade educativa.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos e clicando na imaxe podedes ver máis actividades das que fixemos.

 

MENÚ COMEDOR DECEMBRO

Premendo no enlace podedes consultar o menú do comedor

Menú de decembro (xenérico)

ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DOS PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO NO CONSELLO ESCOLAR

O SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA MESA ELECTORAL CELEBRARASE O XOVES DÍA 22 DE NOVEMBRO ÁS 10:35 HORAS NA SECRETARÍA DO CENTRO

Distribuir contido


by Dr. Radut