Skip to Content

RUBGI NA ESCOLA

O martes 12 e mércores 13, o alumnado de 6º, 5º e 1º da ESO participou na actividade "Rugbi na escola" impartida por un técnico da Federación Galega de Rugbi.

OS BOLECHAS E OS ELECTRECOS

O xoves pasado visitaron o centro os bolechas, que nos amosaron como reciclar diferentes aparatos eléctricos e electrónicos. A esta actividade asistiu o alumnado de 2º de Educación Primaria.

Abaixo vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

8M: MULLER E DEPORTE

O día 7 de Marzo, e polo gallo da celebración do Día Internacional da muller, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e o alumnado de ESO asistiron a unha charla dunha deportista olímpica, ca que tivemos a sorte de contar entre o cadro docente, chamada Vanesa Ríal.

 

Vanesa contounos toda a súa experiencia vital e a súa relación co deporte en xeral e co rugbi en particular.

Abaixo vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

Moitas grazas, Vanesa!

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O venres 1 de marzo celebramos o entroido no CPI.

En primeiro lugar, desfilamos polas rúas de Cuntis e máis tarde, na praza das árbores, cantamos unhas regueifas, alumnado e profesorado, e un cantar de cegas, onde tratamos diversos temas. Abaixo podedes ver unha mostra desta actividade e fai CLICK AQUÍ para acceder a todas as fotos dispoñibles desta celebración.

Máis tarde no centro, degustamos os doces típicos desta época do ano aportados polas familias.

Logo o alumnado de ESO dirixiuse a realizar o concurso de disfraces e bailes.

1º da ESO A                     2º da ESO A                                   3º da ESO
1º da ESO B 2º da ESO B 4º da ESO

 

 

 O alumnado de Educación Primaria e Educación Infantil tiveron festa no patio.

 

 

MENÚ DE MARZO

OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 2019-2020

Podedes consultar a oferta de vacantes para o curso 2019-2020 premendo na imaxe de abaixo.

ENTROIDO NO CPI

Este venres día 1 de Marzo, sempre que o tempo o permita, imos celebrar o Entroido no corazón de Cuntis.

Está previsto desfilar polas rúas da vila e despois facer unha demostración de regueifas na praza das árbores, xa que este ano traballamos como tema transversal de centro: "A tradición oral: De boca a orella". Os disfraces tamén terán relación co tema transversal.

Unha vez rematada as regueifas nos dirixiremos ao cole a degustar doces típicos destas datas e remataremos a xornada cunha festa no patio e cun concurso de bailes e disfraces, no que participará o alumnado de ESO.

Nesta xornada contamos coa colaboración do concello de Cuntis e da A.N.P.A "O Baño".

Podedes consultar os horarios premendo na imaxe.

 

 

PREPARANDO O ENTROIDO (OBRADOIRO DE FAMILIAS)

Este pasado martes 19 de Febreiro, algunhas familias do alumnado de Educación Infantil participaron nun obradoiro de confección do disfraz de Entroido.

Agradecemos de xeito moi especial a participación destas familias no obradoiro.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta actividade.

 

SAÍDA AO GROVE: "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

O venres 15 de Febreiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil participaron nuha saída a O Grove.

Esta saída estaba enmarcada dentro do plan Proxecta "Aliméntate ben", do que son participes o alumnado destes niveis. Na saída visitaron a lonxa, o mercado e por último degustaron unha merenda "mariñeira" que tiña como base os produtos do mar.

Abaixo vos deixamos unha pequena mostra desta actividade.

OBRADOIROS DE REGUEIFAS

O xoves 14 de Febreiro o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu á primeira parte do obradoiro de regueifas que terá continuación nas vindeiras datas.

Deixámosvos unha pequena mostra da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut