Skip to Content

AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDO

Vense de publicar no BOP axudas municipiais do apoio ao estudo para o curso 19-20 con destino a familias en situación de dificultade socio-económica.

Podedes consultar máis información na páxina web do Concello de Cuntis ou premendo na ligazón de abaixo:

 

http://www.concellodecuntis.es/index.php/nova/26-categoria-gl/novidades/1857-solicitude-de-axudas-ao-estudio-curso-2019-2020

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-2020

Clicade na imaxe de abaixo para consultar os libros de texto para o curso 2019-2020.

RETO LECTOR 2019.

Por terceiro ano consecutivo a nosa alumna Sara Sabir remata o curso dándonos unha alegría.

Outra vez quedou finalista no concurso, que organiza a editorial Galaxia, chamado Reto Lector.

Fíxoo con este video- recensión sobre "Guedellas de Seda e Liño" de María Victoria Moreno.

 

O próximo 11 de xullo irá recoller o seu premio a Vigo.

PLAN PROXECTA. ALIMÉNTATE BEN.

O alumnado do CPI participou durante o curso 2019-2020 no Plan Proxecta: "Aliméntate ben"

Aquí podedes ver un resumo en forma de vídeo da participación neste plan proxecta.

CONCURSO DINOSETOJOYA

O alumnado de 4º de Educación Infantil participou no concurso "Dinosetojoya" que organiza oconceelo de Vigo coa colaboración da Escola Xoiería do Atlántico, así como a asociacióna de Xoieiros da provincia de Pontevedra.

De 1500 creacións resultaron finalistas Zoe Folla Bustelo e Laura Castro González. Esta última ademáis resultou ser gañadora, elaborándolle o seu dinosaurio en xoia. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do evento.

FIN DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL.

Como cada ano ao rematar o curso o alumnado de Educación Infantil quere mostravos un pequeno resumo do que traballaron en forma de video.

 Vídeo do alumnado de 4º EI

Vídeo do alumnado de 5ºB EI

 Vídeo do alumnado de 6º EI

 

ANDAINAS DE FIN DE CURSO

Os dous últimos días de curso o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria puideron realzair diferentes andainas por diferentes espazos do concello de Cuntis moi fermosos e moi recomendables para o seu disfrute. Estas andainas tamén participaron as familias que así o quixeron.

Agradecer a colaboracion do Concello de Cuntis, da policia Local e da Oficina de turismo e en especial do seu técnico Manuel Martínez.

 

Abaixo podedes ver imaxes das diferentes saídas.

5º e 6º de Educación Infantil. Paseo polo río Gallo.

 

1º, 2º e 3º de EP. Ruta Sebil- Vilar de Mato.

 

 

4º,5º e 6º de EP. Ruta Ponte do Ramo- Cequeril.

 

 

 

 

SAÍDA AULAS LIMPAS

O xoves 20 de Xuño, o alumnado de 1ºA de EP e de 2º da ESO A participaron nunha saída ao aquapark de Cerdeda. Estes gruos resultaron gañadores do concurso de "Aulas Limpas" organizado polo Equipo de Convivencia.

Abaixo podedes ver unha pequena mostra da actividade.

 

 

SAÍDA FIN DE CURSO 1º E 2º DA ESO.

O día 18 de xuño o alumnado de 1º e 2º da ESO realizou unha saída a Caldas de Reis a facer unha actividade de Paintball e pasárono pipa. Despois acercáronse ao Parque da Natureza do río Barosa.

Abaixo podedes ver unha mostra desta actividade.

SAÍDA FIN DE CURSO 3º E 4º DA ESO.

O día 18 de xuño o alumnado de 3º e 4º da ESO realizaron unha saída polo sur de Galicia. Estos grupos visitaron Tui, Santa Tegra, A Guarda, Baiona e Vigo.

Esta saída foi subvencionada polo concello de Cuntis.

Abaixo podedes ver unha pequena mostra desta actividade.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut