Skip to Content

ACTO DE DESPEDIDA 4º DA ESO.

Como cada remate de curso o alumnado de 4º da ESO despídese do CPI. Este acto tivo lugar o día 17 de Xuño no salón de usos múltiples do CPI.

Moitos azos rapazas e rapaces que rematades o voso paso polo CPI Aurelio Marcelino.

Picando na foto podedes ver diferentes momentos deste acto de clausura do centro.

Como broche final, o último día do curso, o alumnado de 4º da ESO disputou un partido de fútbol sala co profesorado do CPI, no que resultou gañador o profesorado na quenda de penaltis.

 

 

O MUSEO SAE DO ARMARIO

O día 14 de Xuño chegou un dos grandes días deste curso que remata.

 

O MUSEO SAIU DO ARMARIO  ou o que é mesmo reinauguramos o Museo Ferro Couselo do CPI. A est inauguración estaba convidada toda a comunidade educativa.

Abaixo podedes picar para ver as diferentes imaxes desta xornada.

 

Esta inauguración complementeuse coa SEMANA DO MUSEO, que tivo lugar a última semana do curso, onde os diversos grupos puideron amosar e expoñer os seus proxectos a todas as persoas que tiveron curiosidade por coñecer o seu traballo.

Para quen desexe ter máis información podedes picar no enlace de abaixo para entrar na web de museo.

 

Ou consultar esta entrada no Blogue da Biblioteca.

Este proxecto tamén se pudo expoñer na "Feira de Proxectos PITEAS 2019" que tivo lugar na cidade da Cultura en Compostela. Abaixo podedes ollar unha pequena mostra da participación do CPI na Feira.

 

 

 

EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO EI e EP

Co remate do curso os diferentes grupos de alumnado do CPI, participaron nas tradicionais excursións de Fin de Curso.

 

O día 28 de Maio tocoulle ao alumnado de EI que visitaron a fervenza do Toxa e visitaron a granxa- escola Fervenzaventura en Silleda.

 

O día 4 de Xuño tocoulle a quenda ao alumnado de 1º e 2º de EP, que fixeron unha excursión ao Grove con visita ao acuario e paseo en barco incluído.

 

 

O día 11 de Xuño os grupos de 3º e 4º de EP visitaron o parque zoolóxico Marcelle Natureza en Outeiro de Rei.

 

 

 

 

Os días 3 e 4 de Xuño o alumnado de 5º e 6º de EP participaron en diversas actividades no Camping Fieitás do Grove.

 

 

14 DE XUÑO. O MUSEO SAE DO ARMARIO.

ESTE VENRES O MUSEO SAE DO ARMARIO!!!

PICADE ABAIXO PARA VER OU ESCOITAR O QUE VOS ESPERA.

Cuña de Radio

Video

Cartaz

                                         

 

 

IMOS AO OBSERVATORIO!

O alumnmado de 3º de EP continúa co seu proxecto "Rumbo ao Universo" e visitan o Observatorio de Forcarei. Das mans de dous astrónomos ben simpáticos, Beni e Ana, despexaron calquera das dúbidas que lles rondaba á cabeza arredor do Universo. Sen dúbida, un bo broche final de proxecto, non si?

 

 

QUE IMOS COMER EN XUÑO?

Aquí podedes consultar os menús dispoñibles para este mes.

FONDO LIBROS

A Consellería de Educación acaba de publicar o a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso escolar 2019/2020.

PRESENTAMOS A INFORMACIÓN MÁIS IMPORTANTE:

  • FONDO DE LIBROS: Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Educación Primaria e de Educación Especial.
  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL: Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial , é dicir, todo o alumnado do centro.

OS DOCUMENTOS QUE HAI QUE PRESENTAR SON OS SEGUINTES (segundo o caso particular de cada familia)

  • ANEXO I e II da mesma convocatoria (que podedes recoller no centro ou descargalo de edu.xunta.gal ou da Sede Electrónica da Xunta: modelo ED330B.)
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computable.
  • Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que no pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitado.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:

  • 21 de xuño de 2019

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Portal electrónico de Educación: edu.xunta.es/fondolibros
  • Sede Electrónica da Xunta
  • Centro educativo

PROCEDEMENTO:

  • Publicación de listas provisionais: 8 de xullo
  • Periodo de reclamacións: 9 - 10 xullo
  • Publicación de listas definitivas: 12 de xullo para E. Primaria e 13 de setembro para ESO.

NOTA: UNHA VEZ QUE SE PUBLIQUEN AS LISTAS DEFINITIVAS, AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA PODEREDES PASAR POLO CENTRO RECOLLER OS VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL E DE LIBROS DE TEXTO.

VISITA ÁS TERMAS DE CUNTIS

O luns 6 e o martes 7 de maio o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO tivo a posibilidade de realizar unha visita guiada que incluía o baño libre nas instalacíóns do balneario Termas de Cuntis.

Agradecemos á xerencia do balneario a posibilidade de visitar as instalacións de xeito gratuíto.

Abaixo vos deixamos unha foto da saída do alumnado de 3º da ESO o día da visita.

OBRADOIRO DE BRAILLE

O alumnado de 2º da ESO veñen de participar nun obradoiro, impartidos por persoal da ONCE, para visibilizar as dificultades as que se enfrontan na vida cotiá as persoas con discapacidade visual de diferentes graos.

Os asesores da ONCE explicáronlles como se clasifican os diferentes probrlemas de visións e as súas repercusións. Tamén practicaron os xeitos correctos decomunicarse e colaboprar coas persoas con discapacidade visual, ademías de inicialos con coñecemento do alfabeto braille.

Abaixo vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

GUYI-GUYI (Teatro para Educación Infantil)

O mércores 24 de Abril o alumnado de Educación Infantil do CPI Aurelio Marcelino e o alumnado da EEI de Arcos de Furcos asisitiron á representación teatral Guyi- Guyi, no auditorio de A Fundación en Pontevedra.

A continuación deixámosvos unha pequena mostra da actividade.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut