Skip to Content

VISITA DOS PAXES REAIS

Como cada ano, o luns 16 de decembro, recibimos aos paxes reais que visitaron ao alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta visita.

A ÁRBORE SOLIDARIA

Facendo unha chiscadela ao noso tema transversal: "Somos diferentes, Somos iguais. Os dereitos humanos", no noso centro decidimos facer unha árbore solidaria onde as familias depositaban xoguetes e alimentos. Estas achegas foron donadas a Cáritas de Cuntis.

Grazas pola colaboración das familias do CPI.

OS NOSOS PARAGUAS PARTE I e II

Este curso decidimos encher o corredor principal do centro con paraugas que se adaptan as diferentes festividades e conmemoracións do CPI.

Presentamos unha pequena evolución desde o magosto/samaín ata o Nadal.

Estade moi atentos a estes trebellos, xa que irán mudando ata o remate do curso.

 

VISITA AO CENTRO DE DÍA

Este mércores 18 de decembro o alumnado de 6ºB de Educación Infantil, 2º de Educación Primaria e 6º B de Educación Primaria visitaron o centro de día de Cuntis. Alí representaron actuacións que incluíron desde a música, pasando polo teatro e o baile.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O Martes 17 de Decembro conmemorouse o Día Internacional da discapacidade no CPI, cunha charla de Susi Fandiño, da asociación Avanzar, que lle contou ao alumnado da ESO as súas vivencias a súa infancia até o de agora.

O alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria participou durante este mes de decembro, como vén sendo tradicional, no concurso de debuxos e de redaccións promovidos pola xente de Avanzar. Os premios destes concursos entregáronse no festival de inverno para o alumnado, que se  celebrou o xoves 19 de decembro.   

 

FESTIVAL DE INVERNO

Como ven sendo tradición no CPI por estas datas, imos celebrar o festival o día 20 de decembro.

Este curso traballamos como tema transversal os dereitos humanos e poderemos ver diferentes propostas que terán relación co tema elixido.

Picando na imaxe poderedes consultar o programa do festival.

10 D. "SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS": DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.

Ao longo de todo este curso no CPI estamos traballando como proxecto de centro: "Somos diferentes, somos iguais" coa temática dos dereitos humanos.

Este martes 10 de Decembro conmemoramos o día dos dereitos humanos con ambientación sonora e coa presentación dos "Quebracabezas dos Dereitos". Ao longo dos días anteriores o alumnado das difenrentes etapas do centro elaborou murais temáticos relacionados cos dereitos que se convertiron en quebracabezas cúbicos que se poden manipular no corredor central.

Aquí tedes unha pequena mostra do alumnado de Infantil e Primaria "rompendo a cabeza" con este material.

 

CAMPO A TRAVÉS 2019 (PROGRAMA XOGADE)

O xoves 5 de decembro o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou no campo a través que tivo lugar na praia fluvial de Liñares (A Estrada).

Aquí tendes unha pequena mostra da actividade.

A NENA E O GRILO

O mércores 4 de decembro o alumnado de 1° e 2° de Educación Primaria foron á Pontevedra para asistir ao teatro musical de "A nena e o grilo máis aló". Unha historia divertida onde se resalta a amizade, a colaboración, a tolerancia e a superación dos medos.

Aquí vos deixamos unha mostra desta actividade.

Visita da escola de música.

O mércores 27 de novembro visitounos a Escola de Música de Cuntis. Agasalláronnos cun breve concerto no que algúns dos intérpretes foron nenos e nenas do propio colexio.
Tamén ensináronnos os instrumentos que trouxeron, e mesmo poidemos tocalos. 
Abaixo vos deixamos unha pequena mostra desta actividade.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut