Skip to Content

TRABALLO COMPLEMENTARIO DE MÚSICA. ESO.

Achegamos o material complementaria da materia de Música en 2º da ESO.

Tarefas de música 2º da ESO

TAREFAS COMPLEMENTARIAS. LINGUA E LITERATURA CASTELÁ/ REFORZO LINGUA 1º ESO.

Achegamos as tarefas complementarias aportadas pola profesora Rosa Rodiño para á materia de lingua e literatura castelá.

Tarefas de lingua castelá

Tarefas de reforzo 1º A

TAREFAS COMPLEMENTARIAS. XEOGRAFÍA E HISTORIA/ CULTURA CLÁSICA. ESO.

Achegamos as tarefas complementarias propostas polo Departamento de Xeografía e Historia.

Xeografía e Historía ESO

Cultura Clásica

 

TRABALLO COMPLEMENTARIO DA ÁREA DE LINGUA INGLESA EDUCACIÓN PRIMARIA

Achegamos o traballo complementaria da área de lingua inglesa. Premede enriba da tarefa para acceder á mesma:

6º de EP:

5º de EP: 4º de EP:

Tarefa nº 1

Tarefa nº1 Tarefa nº1
Tarefa nº 2 Tarefa nº2 Tarefa nº2
Tarefa nº 3 Tarefa nº3 Tarefa nº3
    Tarefa nº4

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS. COVID 19.

Estimadas familias:

No tempo que dure a suspensión das clases, esteades atentos a información desta páxina web do centro, do TokApp e das outras canles de comunicación que establecera o profesorado cos vosos fillos/as.

Tamén informamos de que a entrada do RD de medidas de estado de Alarma, na súa disposición anual terceira, decreta a suspensión de prazos administrativos, polo que o proceso de admisión nas diferentes etapas educativas queda en suspenso ata que remate o estado de alarma. Premede para consultar nesta ligazón.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30568

Moito ánimo e paciencia.

Plan Proxecta. Aliméntate ben.

Hoxe, martes 10 de marzo, o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria, participou no obradoiro: "Ponlle pilas ao teu bocata", onde puideron coñecer aspectos relacionado coas propiedades que teñen as conservas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

8M. Leccións de vida

Este 10 de marzo os usuarios do centro de día viñeron ao CPI para falar das diferenzas das súa mocidade e das súas vivencias, comparándoas coas vivencias do noso alumnado de 4º da ESO.

 

8M. Dereitas e humanas

Para conmemorar o día Internacional da Muller, no corredor central preséntase diferentes propostas para traballar ese día e relacionalo co noso tema transversal que son os Dereitos Humanos.

As actividades que se poden realizar son actividades de relacionar mulleres activistas con frases célebres, consultar bibliografía sobre a conmemoración, asociar mulleres co dereito que defendeu, redactar biografías das activistas ou escribir unha reflexión sobre este día.

Aquí vos deixamos unha mostra de como quedou o corredor central.

 

Obradoiro de novas masculinidades

Acaban de comenzar a desenvolverse, no noso centro, obradoiros de novas masculinidades dirixidos ao alumnado de 5º e 6º de EP.

Aquí tedes unha pequena mostra da actividade.

Teatro 3º e 4º de EP: "Nana para un soldado"

O día 5 de marzo, o segundo ciclo de primaria (3º e 4º) asistimos ao Teatro A Fundación e ao Café Moderno, en Pontevedra.

No teatro vimos unha peza titulada "Nana para un soldado". Conta a historia de dous militares de bandos inimigos que querían facerse cunhas ruínas, pero resultaron ser a casa dunha pacifista muller embarazada. Conseguirán deixar as armas? Conseguirán sobrevivir aos bombardeos?

Despois visitamos o Café Moderno onde nos ensinaron estratexias para vivir máis de 100 anos e nós, a través dun obradoiro, inventamos trebellos para que os nosos maiores consigan cumprir un século.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut