Skip to Content

COÑECENDO A ÁNGELA RUIZ ROBLES

O venres 3 de Maio o alumnado de 2º de EP asistiu a un obradoiro para coñecer a figura de Ángela Ruíz Robles, unha das precursoras do libro electrónico no noso país.

Este obradoiro enmárcase dentro do plan Proxecta "Donas de si" e ten relación co proxecto de investigación deste curso que xira arredor da historia da escritura.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta actividade.

 

BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

O venres 26 de Abril o alumnado de 6º de EP e de 1º e de 2º da ESO asistiron ao primeiro partido da fase final da Liga Europea 3 de baloncesto en cadeira de rodas, que tivo lugar en Vigo.

O AMFIV, clube organizador do evento, invitou ao centro á asistencia a este partido a través da asociación AVANZAR. Esta saída tamén contou coa colaboración do concello de Cuntis.

Abaixo vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

 

MENÚ MES DE MAIO

A continuación publicamos os menús e dietas do comedor do mes de marzo.

 Menú xenérico Xunta

 Menú sen glute

 Menú sen lactosa

 Menú hipocalórico

 Menú sen ovo

 Menú sen peixe

Menú sen legumes

CALENDARIO DE MATEIRAS PENDENTES

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. III CERTAME DE DEBUXOS SAÚDABLES.

Co gallo da celebración o 7 de Abril do día Mundial da saúde, o alumnado de 2º levou  cabo diferentes obradoiros e actividades. Este luns recibirion diferentes agasallos por participar nestas actividades, por parte do concello de Cuntis.

Achegamos algunha mostra desta actividade e o debuxo que resultou gañador do III concurso de debuxos saudables . Estes debuxos están expostos na biblioteca Roberto Blanco Torres de Cuntis.

 

MENÚ DE ABRIL

Adxuntamos os menús do mes de abril.

 

MENÚ XENÉRICO

MENÚ SEN LACTOSA

MENÚ SEN GLUTE

PICCOLO MOZART

O xoves 28 de Marzo e o venres 29 de Marzo, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación Primaria, asistiu a un recital de frgamentos de diversas obras de Mozart. Aquí vos deixamos unha mostra da actividade. Preme nas imaxes para acceder ao álbum completo da saída

 

 Á saída da obra alumnado de 2º de Educación Primaria amosaron as súas impresións na TVE. Podedes velos picando no enlace de abaixo (minuto 20:16)

http://www.rtve.es/m/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20190328inf/5100360/?media=tve&t=20m16s

 

DÍA DA ÁRBORE

O xoves 28 de marzo o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou no día da árbore. A primeira actividade que fixeorn foi a replantación de árbores autóctonas nunha zona afectada pola vaga de lumes. Máis tarde, e coa colaboración de axentes medioambientais que forman parte dunha das brigadas do distrito forestal, puideron comprobar de primeira man, como afrontan estas brigadas a extinción dos lumes. Podes facer CLICK AQUÍ para ir ao álbum de Flickr.

PIGMALIÓN (TEATRO EN INGLÉS DA ESO)

O xoves 28 de marzo, o alumnado de 1º e 2º da ESO fixeron unha saída a Compostela a ver a obra de teatro "Pigmalión" en lingua inglesa. Pola tarde completaron a saída cunha visita guiada ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).

SOFÍA MAUL NO CPI

O día 15 de Marzo, e a través do "Festival Internacional de Tradición Oral Atlántica:Un mar de contos por toda Galicia" contamos coa visita de Sofía Maul ao alumnado da ESO.

Sofía Maul é unha contadora portuguesa da illa de Madeira e adicouse a contar contos tradicionais destas illas.

Esta actividade está relacionada coa tema transversal que este ano traballamos no CPI, que versa sobre a tradición oral: "De Boca a orella".

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut