COÑECENDO A ÁNGELA RUIZ ROBLES
O venres 3 de Maio o alumnado de 2º de EP asistiu a un obradoiro para coñecer a figura de Ángela Ruíz Robles, unha das precursoras do libro electrónico no noso país.
Este obradoiro enmárcase dentro do plan Proxecta "Donas de si" e ten relación co proxecto de investigación deste curso que xira arredor da historia da escritura.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta actividade.