Skip to Content

AS AVOAS DE INFANTIL TEÑEN MOITO QUE CONTAR

A semana pasada, coa celebración do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora como fondo, adicamos moitas das nosas actividades a celebrar o importantísimo papel que teñen as mulleres nas nosas vidas en particular e na vida en xeral desta sociedade na que nos toca vivir. 

O alumnado de Educación Infantil participou en varias actividades programadas para esta semana, pero unha das máis significativas para os/as nosos/as cativos/as sen dúbida foi a visita dun grupo de avoas que se ofreceu a compartir con todos/as nós a súa experiencia de vida e todos os seus coñecementos.

Os/as nosos/as cativos/as desfrutaron de primeira man da compañía, historias e anécdotas das avoas Concha, Carmen, Elena, Lucía, Ana, Rosa, Marisé, da bisavoa Lola, e fixéronlle un montón de preguntas que elas moi amablemente respostaron. 

Moitas grazas a todas por compartir con nós o voso tempo e achegarnos a vosa visión da vida; na escola quedamos con gañas de máis historias e de futuras visitas. Aquí quedan algunhas imaxes dos momentos vividos..... 

    



portada | by Dr. Radut