Skip to Content

Saída a Compostela 2º ciclo

 O martes 19 de novembro, alumnado de 3º e 4º de primaria acudiu a Santiago para visitar o MUPEGA e a Sala NUMAX.  O obxectivo desta saída era achegarse á escola do pasado, a través das pezas do museo e coas historias  Do pequeno Nicolás contadas a través da relación do seu autor e ilustrador.

Como o tempo revolveuse un pouco comeron e foron pasar a tarde á Cidade da Cultura aproveitando para visitar tres  exposicións e xogar libremente nos parques da súa contorna.

Se queredes ver como o pasaron premede nesta imaxe.

 
 
Álbum: Curso 24-25 -> Saída a Compostela 2º ciclo

Campo a través: A Estrada

O venres 15 de novembro o alumnado desde 2º de Educación Primaria ata 3ª da ESO participou na xornada de Campo a través, enmarcada dentro do programa XOGADE. Outros centros participantes foron CEIP Pérez Viondi, CEIPP Figueroa, CEIPP de Oca, CEIP Cabada Vázquez, CEIP Villar Paramá, CPPI Santa Lucía, IES Avelina Valladares, IES Losada Diéguez e Colexio de Lourdes.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do encontro:

 
 
Álbum: Curso 24-25 -> Campo_a_través

Día Mundial da Diabetes

O 14 de novembro conmemorouse no CPI o día Mundial da Diabetes.

En primeiro lugar, o alumnado recibiu charlas de "expertos". Estes "expertos" explicaron  como é o día a día desta doenza.

Rematamos a conmemoración cunha andaina de visibilización, aberta a toda a comunidade educativa, pola casco urbán de Cuntis. Agradecer a colaboración e participación das familias neste día.

 
Álbum: Curso 24-25 -> Día mundial da diabetes

Magosto e Samaín no CPI

O mércores 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín de xeito conxunto. Ao longo de toda a mañá unha morea de actividades relacionadas con estas festas como foron:

  • Práctica de xogos tradicionais coa colaboración do alumnado de 4º da ESO e de 6º de Educación primaria que fixeron labores de monitorado dos seus compañeiros de primaria e infantil respectivamente.
  • O xogo de pistas: "Fuxindo do Marcos Chedas", que organizou ao alumnado do club de lectura da ESO. Neste xogo participou o alumnado da ESO e de Primaria.
  • Obradoiros de chaveiros, atrapasoños e de xogos terroríficos onde participou o alumnado de Primaria.
  • Obra de teatro de Kids and Us para a Educación Infantil.
  • E por suposto... degustación de castañas.

A vindeira semana terá lugar a exhibición e proxección das curtas de "Terror na escola"  feitas polo alumnado de Educación Primaria e ESO.

 
Álbum: Curso 24-25 -> Magosto_Samaín_2024

Días Non Lectivos

Estimadas familias,

lembrámoslles que o xoves 31 de outubro será NON lectivo, por considerarse según o calendario escolar do presente curso Día do Ensino.

Tamén queremos informarlles que os dous días elixidos polo centro como NON lectivos para este curso 2024-2025 son os días 4 de novembro de 2024 e 2 de maio de 2025.

Un saúdo.

O Equipo directivo

 

Saída a Compostela 1º ciclo

Para dar partida ao proxecto de centro deste curso 2024-25 o alumnado de 1° e 2° visitou Santiago e visonou na sala Numax a película " O pequeno Nicolás", despois pasearon pola zona vella da cidade e a Alameda e remataron a saída no parque.

 
 
Álbum: Curso 24-25 -> Saída a Compostela 1º ciclo

Saída a Compostela 3º ciclo

 O pasado martes 22 de outtubro o alumnado de 3º ciclo realizou unha saída a Santiago de Compostela. A xornada dou para moito xa que a primeira hora da mañá visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), onde coñeceron e fixéronse unha idea de como eran as escolas de antes.

Despois se dirixiron ao parque de Santa Isabel onde visitaron o Museo de Historia Natural (MHN) da USC. Ao saír do museo tocou repoñer forzas cun xantar no mesmo parque.

Máis tarde dirixíronse, dando un paseo pola zona vella de Compostela, á sala NUMAX onde visioaron á película "O pequeno Nicolás" a que tamén se aproximaron ao tipo de ensino de hai uns anos.

Esta saída pon o punto de partida para o traballo do PDI de centro que este ano é: "25 aniversario do CPI. A escola en Cuntis"

 
 
Álbum: Curso 24-25 -> Saída a Compostela 3º ciclo

Premio Aulas Limpas: Saída a Marín

O pasado martes 22 de outubro o alumnado gañador do concurso aulas limpas (1 ESO A do curso 2023-24) recibiu o seu merecido premio: unha saída a Marín acompañados polas profesoras Belén Ares e Iria Vigil.

Pola mañá divertíronse no Ecoparque realizando os circuitos arbóreos e lanzándose en tirolinas. Xa pola tarde xantaron e descansaron no Parque dos Sentidos.
 
Álbum: Curso 24-25 -> Saída a Marín ESO

Visita ao rádar meteorolóxico de Xesteiras 4º ESO

O pasado martes 22 de Outubro, o alumnado de 4º ESO realizou unha saída ao monte Xesteiras para levar a cabo unha visita guiada ao único radar meteorolóxico de MeteoGalicia. O percorrido ata alí fíxose camiñando desde Gontade e debido ao forte aire foi un pouco máis duro do esperado, pero gustoulles moito poder acceder ao interior do radar que tantas veces teñen visto, e coñecer de primeira man polos técnicos de MeteoGalicia, o seu funcionamento

 
Álbum: Curso 24-25 -> Visita ao radar do monte Xesteiras

Inspección de outono do río Gallo 1º ESO

O pasado luns 14 de Outubro o alumnado de 1º ESO B acompañado pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía do centro e unha monitora de ADEGA, achegouse á beira do río Gallo ao seu paso polo centro da vila, para levar a cabo a súa anual inspección de outono. O resultado desta foi que conserva o bo estado dos últims anos que levamos facendo esta actividade. Foi unha tarde moi entretida, na que o noso alumnado amosou un grande interese pola conservación do medio.

 
 
 
 
Álbum: Curso 24-25 -> Inspección do río Gallo
Distribuir contido


by Dr. Radut