Skip to Content

Calendario para a celebración de eleccións ao Consello escolar

Estimadas familias, achegámoslles o calendario para o desenvolvemento do proceso de eleccións ao Consello Escolar.

Tamén terán á súa disposición no taboleiro de anuncios do centro a información relativa a todo o procedemento electoral.

 

- Calendario

 

Club de Lectura de persoas adultas

Volve o Club de Lecturas para Persoas Adultas. 
Podedes participar familiares, veciñanza, profesorado do CPI Aurelio Marcelino Rey García. 
A dinámica é a que segue: temos un encontro por mes, no que nos reunimos á hora do xantar e falarmos da obra literaria que escollamos entre bocado e bocado. 

Se tedes interese, enviade un correo a abibliodarosi@gmail.com, indicando nome, apelidos e número de teléfono. Crearemos un grupo de whatsapp para organizarnos. 

Animádevos a ler connosco!!

 
 

Eleccións ao Consello Escolar

Este mércores, 18 de setembro, publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización das eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Segundo esta Resolución, as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse estre os días 18 e 22 de novembro de 2024, ambos os dous incluídos. A Xunta Electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.

A Xunta Electoral constituirase entre os días 22 e 28 de outubro de 2024, ambos os dous incluidos.

 
 

Listaxes comedor 2024-2025

Acabamos de publicar no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido e excluído no servizo de comedor para o ano 2024-2025.

 

Reunións informativas inicio do curso 2024-25

Comezamos o novo curso escolar 2024-2025 e queremos convidarvos a unha reunión informativa na sala de usos múltiples do centro no seguinte horario:

- Venres 6 setembro 10:00 Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.

- Luns 9 de setembro 10:00 : 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria

- Luns 23 de setembro 18:00: 1º e 2ºESO

- Martes 24 de setembro 18:00: 3º e 4º ESO

Agradecemos a vosa asistencia e colaboración.

Becas para o Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo

O departamento de orientación informa:
- O prazo de presentacoón de solicitudes das BECAS NEAE do Ministerio remata o vindeiro 13 de setembro

- Toda a información atópase nesta ligazón (preme aquí)

A documentación que deben aportar é a seguinte:
- Solicitude
- Informe médico
- Certificado grao de discapacidade
- Memoria de intervención do gabinete
- Título de familia numerosa de ser o caso
- Declaración da renda se non dan permiso
- Certificado titularidade conta bancaria onde conste como titular o alumno/a
Para calqueira dúbida ou aclaración póñanse en contacto coa orientadora.

DELF B1 en lingua francesa para seis alumnas do noso centro.

O pasado 17 de xullo, as seis alumnas do noso centro que se prepararon durante todo o curso, recibiron a noticia de haber aprobado o exame de nivel DELF B1 de lingua francesa.

As probas, que incluían comprensión oral e escrita, así como produción oral e escrita, realizáronse o sábado 8 de xuño no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago.

As estudantes, de 4º de ESO, demostraron a súa gran capacidade e esforzo alcanzando este importante logro.

NORABOA ÁS NOSAS ALUMNAS POLO SEU ÉXITO!

 

Excursión de fin de curso 1º ESO

O pasado 17 de xuño, dende titorías, fixemos unha saída de fin de curso cos grupos 1º ESO A e 1º ESO B. As profesoras acompañantes foron María José, Belén e Carmiña. O destino foi o parque Aventura Dakart en Sanxenxo onde, malia o mal tempo, puideron desfrutar de moitas actividades ao aire libre: tirolina de 300 metros, tobogán de 60 metros, circuíto arbóreo, minigolf, canoas (só un grupo porque despois comezou o trebón) entre outras. Xantamos no bar do parque. Algúns trouxeron comida de casa e outros pediron un menú na mesma cantina. Destacamos a amabilidade dos monitores, sempre pendentes da rapazada, que fixo que a despedida do curso escolar fose aínda máis agradable.

Álbum: Curso 23-24 -> Excursión 1º ESO

Apertura prazo de solicitude de comedor 2024-2025

APERTURA PRAZO SOLICITUDE SERVIZO DE COMEDOR 2024-2025

Entregar solicitude, Anexo II e toda a documentación acreditativa que sexa, xunto coa

solicitude.

Prazo: ata o 15 de xullo, en horario de 9.30 a 13.00 horas.

Comunicarase pola web: a data de publicación das listas provisionais de admitidos e listas de reserva no taboleiro interior do centro.

 

CRITERIOS DE ADMISIÓN NO SERVIZO PARA REVISAR E BAREMAR POR ORDE DE PREFERENCIA:

1. Alumnado usuario habitual do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo

que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.

2. Alumnado usuario de dereito do servizo do transporte escolar, nos termos establecidos na

Instrución sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2024-2025, que

estableza a Consellería competente nesa materia

3. Agás no caso de alumnado escolarizado voluntariamente en centros fóra de zona,

ter un/unha Irmán ou irmá que vaia a continuar matriculado no centro para o curso que

solicite o servizo e sexa usuario do comedor escolar no momento de formalizar a solicitude.

4. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación

socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%,

certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.

5. Alumnado membro de familias numerosas, monoparentais, situación acreditada

mediante certificación , título ou inscrición no rexistro correspondente

A asimilación ao descendente do fillo ou filla concibido ou concibida y non nacido ou nacida acreditarase mediante o

carné familiar galego, e terá efectos unicamente dentro da comunidade autónoma de Galicia, artigo 12 da Lei 3/2011, de 30 de

xuño, de apoio á familia e a convivencia de Galicia

6. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos

os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao

mediodía, acreditada documentalmentede xeito alternativo, mediante a

seguinte documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral

competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público;

certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada do horario de traballo;

certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da

actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por

conta propia.

7. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados

voluntariamente fóra da área de influencia que lles corresponde.

8. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores

de atención e apoio ao alumnado.

 

- Solicitude de comedor

- Anexo II

 

Distribuir contido


by Dr. Radut