Comunicamos a toda a comunidade educativa que se veñen de convocar as eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar do centro, para todos os colectivos implicados, alumnado, profesorado, representantes de familias e persoal de administración e servizos. Os censos dos diferentes colectivos estarán pendurados no cortizo de información do centro e podedes pasar a comprobar que a vosa información é correcta.
Quen queira presentar candidatura, pode recoller o impreso en administración, e debe achegalo entre o 1 e o 8 de novembro. Tamén o podedes facer por correo electrónico, envíando un documento asinado dixitalmente no que indiquedes os vosos datos e o colectivo polo que vos presentades.
As votacións terán lugar os seguintes días:
Profesorado: luns 18 de novembro, en claustro extraordinario.
Nais/pais: martes 19 de novembro de 9:00 a 16:00
PAS: mércores 20 de novembro de 10:00 a 14:00
Alumnado: xoves 21 de novembro, de 9:00 a 14:30
Podedes consultar toda a información relativa no ficheiro.