Outras actividades
CHARLA SOBRE O ABANDONO DE ANIMAIS
Enviado por admin o Ven, 18/12/2015 - 17:32José Carlos, un membro do colectivo Vox Ánima, que defende aos animais acudiu ao centro a dar unha charla sobre os perigos de pedir un animal de compañía como agasallo nestes días de Nadal. Moitos deles acaban sendo abandonados posteriormente. Faloulles da conveniencia de adoptar cans procedentes das canceiras ou protectoras de animais.
CHARLA SOBRE A DIABETES
Enviado por admin o Ven, 18/12/2015 - 17:25O alumnado do centro tivo unha charla sobre a diabetes, Esta foi impartida por un atleta que a padece. Nela faloulle de como afecta na súa vida diaria esta enfermidade e de bos hábitos de cara a evitar ter algún tipo de diabetes.
CHARLA SOBRE A DIABETES
Enviado por admin o Ven, 04/12/2015 - 23:52O alumnado do centro tivo unha charla sobre a diabetes na biblioteca do centro.
CHARLA SOBRE A UNIÓN EUROPEA
Enviado por admin o Lun, 04/05/2015 - 18:57O martes 28 de abril asistiu ao noso centro a eurodiputada Ana Miranda (grazas á ANPA), a dar unha charla sobre a CEE ao alumnado de 3º ciclo. A charla resultou altamente gratificante. O alumnado aprendeu de primeira man moitas cousas sobre a composición, organización e funcións da mesma.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2013
Enviado por admin o Sáb, 09/03/2013 - 00:17O alumnado do 3º ciclo fixo unhas redaccións unindo o Día da Muller co Día da Non Violencia de Xénero. Escribíronlle a un hipotético maltratador, para tentar facerlle ver o mal que causan as súas accións. Estes escritos puxéronse nuns murais no corredor do 3º ciclo.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Enviado por admin o Ven, 08/03/2013 - 23:59Para celebrar o Día Internacional da Muller, o alumnado do centro fixo uns debuxos de mulleres traballando. Con estes debuxos elaborouse un gran mural que se colocou na entrada do centro. Aquí podedes ver 4 das ilustracións.