Outras actividades
ENTROIDO 2017
Enviado por admin o Dom, 26/02/2017 - 14:34O alumnado do centro disfrazouse este curso de personaxes de cómics, seguindo o Proxecto da Biblioteca. O centro encheuse de superheroes, Sacarinos, Picapedras...
RECORDANDO A ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por admin o Dom, 26/02/2017 - 14:24Desde o centro sumámonos á celebración do Día de Rosalía pensada polo CEP Salustiano Rey Eiras. Consistía a mesma nunha ofrenda floral na Praza de Rosalía (A Pobra do Caramiñal), recitado de poemas e cancións con letra de Rosalía.
O acto tivo lugar o día 23 de febreiro (por coincidir o 24 co entroido). O alumnado de 5º e 6º recitou dous poemas e cantou Negra sombra na versión de Amancio Prada e a segunda parte a xeito de rap. Rosalía adáptase a todo tipo de múscia.
ENTREGA PREMIOS CERTAME LITERARIO
Enviado por admin o Mér, 25/05/2016 - 20:48O mércores 25 de maio fixemos entrega dos premios aos gañadores/as do V Certame Literario "Esther Dourado". Dicir que tivemos moita participación e dar as grazas ás mestras e mestres dos distintos centros de infantil e primaria do concello pola estimulación do alumnado na participación. Aquí podemos ver á gañadora na categoría D (5º e 6º de primaria).
ENTERRO DO FELIPIÑO, 2016
Enviado por admin o Ven, 26/02/2016 - 18:14Un ano máis celebramos no centro o enterro do Felipiño. A comitiva fúnebre partiu da entrada do centro, percorrendo parte do patio. Despois de proceder á lectura do seu testamento, escrito polo mestre Carlos Mosteiro, por parte de dous alumnos de 6º, tivo lugar a incineración do finado. PULSA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS.
TEATRO TROMPICALLO
Enviado por admin o Ven, 18/12/2015 - 18:19Grazas á colaboración do Concello de A Pobra, o alumnado do centro puido gozar cunha divertida obra de teatro a cargo do grupo Trompicallo. Nin que dicir ten que o pasaron en grande.
IV CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"
Enviado por admin o Xov, 05/03/2015 - 17:51Desde o noso centro convocamos o IV Certame Literario "Esther Dourado", para lembrar á nosa querida compañeira. Este curso poderán participar alumnado de infantil e primaria do concello, así como exalumnado do centro que estea a estudar ESO.
O prazo para a entrega de traballos será ata o día 24 de abril. PARTICIPA!
III CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"
Enviado por admin o Ven, 14/03/2014 - 18:39Desde o noso centro convocamos o III Certame Literario "Esther Dourado", na honra da nosa querida compañeira. Este curso poderán participar, ademais do alumnado que estuda no concello, aqueles exalumnos/as do noso centro.
O prazo para a entrega de traballos será ata o día 25 de abril. PARTICIPA!
Consulta as bases pulsando na imaxe:
PREMIOS I CERTAME LITERARIO
Enviado por admin o Ven, 25/05/2012 - 16:55O pasado mércores tivo lugar a entrega dos premios do I Certame Literario "Esther Dourado". Houbo un gran número de traballos presentados nas distintas categorías, cun nivel máis que aceptable. NORABOA AOS GAÑADORES!
I CERTAME LITERARIO
Enviado por admin o Mér, 21/03/2012 - 21:48KARAOKE "ISTE VAISE"
Enviado por admin o Mér, 22/06/2011 - 23:25Karaoke sobre a canción de Fuxan os Ventos do mesmo título, sobre un poema de Rosalía de Castro, coa temática da emigración de fondo