ANPA
REVISTA ESCOLAR CADRECHE
Enviado por anpa_cadreche o Mér, 30/03/2016 - 00:30REVISTA ESCOLAR CADRECHE
Queremos poñer en marcha unha revista escolar na que participen todos os membros da comunidade educativa, sendo os protagonistas principais os nosos fillos/alumnos, dándolles un medio que lles permita expresar as súas inquietudes dunha maneira natural e libre.
OS NOSOS OBXECTIVOS PRINCIPAIS:
-
Potenciar nos nenos o gusto pola escritura, a creatividade, a capacidades de expresión, a iniciativa e a autonomía.
-
Fomentar o traballo en equipo, cooperativo e colaborativo.
-
Divulgar a labor da comunidade educativa, informando e dando a coñecer as distintas actividades, plans e proxectos educativos nos que se participa.
-
Ampliar as canles de comunicación entre todos os sectores que compoñen a comunidade educativa: familia, alumnado e profesores.
-
Desfacer os muros da escola xa que a aprendizaxe continúa fora da aula de clase.
PROPOSTA:
- Estrutura:
- Portada
- Sumario
- Sección actualidade
- Sección entrevista
- Sección reportaxes
- Sección colaboracións
- Sección cultural
- Sección científica
- Sección literaria
- Sección artística
- Sección opinión
- Sección pasatempos e humor
-
Periodicidade: Trimestral
-
O tamaño da publicación dependerá da cantidade de voluntarios que se animen a participar.
- Empezaremos cunha revista online, utilizaremos como ferramenta joomag (realizaremos xornadas de formación para os voluntarios que queran participar).
- Necesitamos a participación activa no deseño, elaboración, difusión e avaliación da revista de TODOS os que formamos a comunidade educativa: alumnos, profesores e familias.
- Roles:
- Xornalistas que investiguen, entrevisten, redacten, tomen fotografías e proporcionen artigos para o contido da revista.
- Editores que se encarguen do deseño gráfico da revista, a organización, en función do espazo ,do material proporcionado polos xornalistas.
- Xefe de redacción que se encargará de corrixir ortografía e gramática.
-
Xefe de proxecto que coordina o traballo de todo o equipo. Ocúpase de que se respecten os tempos pautados. Centraliza e xestiona necesidades e demandas.
ANIMARVOS A PARTICIPAR. Envíanos un correo electrónico a revistacadreche@gmail.com indicándonos como vos gustaría participar.