Iniciar sesión: Acceso

INICIASE PROCESO DE ADMISIÓN 19-20

03/03/2019 23:35
Europe/Madrid

FAMILIAS, como dicía o PRINCIPIÑO, "SO SE PODE VER BEN CO CORAZÓN, O ESENCIAL É INVISIBLE AOS OLLOS", por iso vos animamos a que coñezades o cole, a que pasedes a preguntar todo aquilo que vos inquieta ou vos preocupa.

 

No noso cole temos servizo de COMEDOR, MADRUGADORES E TRANSPORTE.

Levamos dez anos desenvolvendo ESCOLA DE FAMILIA, un espazo de traballo conxunto coas familias.

Contamos con PROA dende hai 6 anos, un PROGRAMA DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO, que se pon á disposición do alumnado con máis dificultades fora do horario lectivo, impartido por docentes do propio centro tratándose dun programa ofrecido pola Consellería.

Neste curso incorporamos unha liña de traballo relacionada coa IGUALDADE REAL E EFECTIVA ENTRE HOMES E MULLERES, favorecedera da convivencia

Estamos a poñer en marcha o PROGRAMA DE PATIOS E PARQUES DINÁMICOS, un programa para fomentar a INCLUSIÓN do alumnado con máis dificultades no tempo de lecer.

Contamos con SECCIÓNS BILINGÜES dende hai anos, onde se imparte a área de Plástica en Inglés en todos os cursos de Ed. primaria.

Desenvolvemos o TEI (PROGRAMA DE TITORÍA ENTRE IGUAIS), un programa que ten como obxectivo a prevención do acoso escolar , tendo como obxectivo fundamental traballar cara a TOLERANCIA CERO Á VIOLENCIA.

Temos XORNADA ÚNICA e múltiples ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES .

AS FAMILIAS, son un pilar importante no noso centro, un centro SEMPRE ABERTO ÁS FAMILIAS, onde a participación é un dos eixos fundamentais que sustentan as nosas relacións.

FACEMOS MOITAS COUSAS PERO SABEMOS QUE HAI MOITAS MÁIS QUE PODEMOS FACER E ALGUNHAS OUTRAS QUE DEBEN MELLORARSE.

SE PENSAS QUE ESTE É O COLE QUE QUERES PARA O TEU NENO OU NENA, preme aquí e poderás descargar o impreso para a solicitude de matrícula.

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930