CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Competicións escolares

Dinamización en Sobrada

O xoves 28 de abril fomos a Sobrada para estrear o seu pavillón como lugar de celebración de xornadas de dinamización. 
Estivo xenial. Moitas grazas aos nenos e nenas de Sobrada pola acollida, e á súa mestra de E.F. pola estupenda organización!
 

Baloncesto en Tui

O 29 de febreiro xogamos a primeira xornada de baloncesto no pavillón de Tui.  

Levábamos dous equipos de Alevíns e 1 de Benxamíns, que xogaron contra equipos de Nº 2, Salceda, Barrantes, e CBTui.

Un dos nosos equipos Alevíns quedou clasificado en primeiro lugar. O próximo 2 de maio continuaremos con esta competición.

 

Voleibol e Campo a través

Este curso comezamos máis cedo que outros anos as nosas competicións deportivas,  para contrastar coa falta de instalacións que padecemos no centro.

Celebrouse a proba de campo a través o 26 de novembro no campo de O Borralliño, en Soutelo (Salceda de Caselas), na que os noso equipo Infantl masculino quedou campión.

Tamén celebramos tres xornadas de voleibol, no pavillón de Randufe, con dúas primeiras de fase de grupos e unha final o 7 de decembro  para determinar as clasificacións finais.  Nestas competicións son gañadores tódolos participantes.  E houbo moitos gañadores!

Lembra que podes ver máis información en www.agrudebam.es

 

 

As competicións deportivas escolares

Recentemente celebrouse en A Neves o campionato provincial escolar de bádminton, no que participaron 7 alumnos do noso colexio.

Tiveron unha actuación xenial!  conseguindo algúns resultados magníficos.   Parabéns!!

 

 

Este ano estamos a participar en moitos deportes:  no primeiro trimestre fixemos campo a través e voleibol, no segundo estamos a competir en bádminton,  baloncesto e atletismo en pista e no terceiro trimestre teremos tamén tenis de mesa. Non hai tempo de aburrirse.

Por outra parte xogamos tamén na dinamización intercentros en horario lectivo, con partidos de baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala e xadrez.

 

Se queredes estar informados á última, tedes que visitar a páxina www.agrudebam.es

Preparando o tenis de mesa

Próximamente dará comezo a competición de tenis de mesa da AGRUDEBAM.

Estamos a entrenar duro para acadar uns bos resultados...   E o pasamos xenial!

Calendario de competicións

Dinamización Intercentros

O día 9 de decembro comezamos a nosa participación no deporte escolar cunha xornada de DINAMIZACIÓN INTERCENTROS co CEIP de Tebra.

Fomos as clases de 4º A e 6º A ao pavillón de Barrantes, porque en Tebra tampouco teñen unhas instalacións axeitadas para esta actividade.

Pasámolo moi ben toda a mañá, competindo a fútbol-sala, baloncesto, balonmán, bádminton e voleibol.  Temos que mellorar nalgúns deportes, pero foi moi emocionante.  Xa temos ganas de que veña outra xornada!

 

O tenis de mesa no colexio

O tenis de mesa é un deporte que cada vez ten máis afección no noso centro.   

Estes días estamos a ter un número importante de nenos e nenas que practican nas clases de Educación Física e nos recreos para chegar á competición zonal na mellor forma.

Será o xoves día 4.

Temos un total de 50 inscritos, unha cifra soamente igualada polo bádminton.

Moita sorte a tódolos participantes!

 

Participamos nas competicións deportivas

No presente curso estamos apuntados a moitas competicións deportivas:  campo a través, bádminton, tenis de mesa, e outras.  Unha competición especial é a "Dinamización Intercentros en Horario Lectivo" porque aquí facemos unha auténtica olimpiada deportiva contra outros colexios. Xa xogamos dúas xornadas desta modalidade, e resultou moi divertido e emocionante para os cursos que participaron:  cuartos e sextos. Próximamente participarán os terceiros e quintos. Podes ver este video da xornada contra Randufe (hai máis videos no canal agrudebam de Youtube

 

CAMPO A TRAVÉS DE A GUARDA.

O pasado sábado 28 de novembro celebrouse na Guarda unha proba zonal do campo a través. Do noso colexio participamos aproximadamente 60 nen@s. Pasámolo moi ben: participamos nas carreiras, xogamos a unha morea de deportes, tomamos chocolate, recibimos unha gorra de agasallo... Fixémolo moi ben, ata trouxemos un bo feixe de medallas e trofeos! Menos mal que foi pola mañá, porque se chega a ser pola tarde practicaríamos un deporte máis:

A NATACIÓN. 

 

Distribuir contido