Este curso comezamos máis cedo que outros anos as nosas competicións deportivas, para contrastar coa falta de instalacións que padecemos no centro.
Celebrouse a proba de campo a través o 26 de novembro no campo de O Borralliño, en Soutelo (Salceda de Caselas), na que os noso equipo Infantl masculino quedou campión.
Tamén celebramos tres xornadas de voleibol, no pavillón de Randufe, con dúas primeiras de fase de grupos e unha final o 7 de decembro para determinar as clasificacións finais. Nestas competicións son gañadores tódolos participantes. E houbo moitos gañadores!
Lembra que podes ver máis información en www.agrudebam.es